A Consellería do Medio Rural emitiu este venres unha Resolución pola que se ditan instrucións relativas ao procedemento para a expedición e renovación do carné básico de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios.
Nela, indícase que, en tanto non se expide o correspondente carné, e para os efectos da compra e uso de produtos fitosanitarios aos que habilita dito documento, poderase comprar e usar ditos produtos mediante a xustificación de que se está en posesión da formación pertinente coa presentación do certificado emitido pola entidade de formación autorizada -ben sexa da Xunta ou das entidades colaboradoras- e co xustificante da presentación da solicitude de emisión do carné ante as autoridades competentes.
A renovación do carné básico farase de forma automática
Por outra banda, para o caso de renovación de carnés de nivel básico, dita renovación farase de forma automática coa presentación previa de dita solicitude e presentando o carné antigo. Neste senso, cabe lembrar que as renovacións de carnés son cada 10 anos.
Esta resolución pode ser consultada na seguinte ligazón