Administración convocante: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170227/AnuncioG0426-170217-0007_gl.pdf
Prazo:
Resumo:
A Consellería do Medio Rural fixo público hoxe o listado dos 140 beneficiarios que recibirán axudas para a plantación de castiñeiros de froito. O listado, que se pode consultar no Diario Oficial de Galicia (DOG), inclúe persoas particulares, comunidades de montes veciñais e empresas.
O investimento total previsto para as axudas era de 2,6 millóns de euros, se ben finalmente só se adxudicaron subvencións por importe de 790.000 euros. Dos 400 solicitantes, Medio Rural só aceptou a 140 e desestimou o resto por non cumprir con diversos requisitos técnicos, segundo publicou xa hai un par de semanas o Faro de Vigo.
A beneficiaria que recibiu a maior cantidade (66.000 euros) é a condesa de Castel Blanco, Ilduara Espinosa-Borrego, propietaria do Pazo de Cascaxide (Silleda). As axudas convocáronse priorizando os terreos ubicados en zonas amparadas pola IXP Castaña de Galicia, aínda que ó final houbo beneficiarios en todo o territorio galego. Non se produciron exclusións polo lugar de solicitude.