Resolución das axudas para elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas

O total de beneficiarios son 39 adegas galegas que recibirán un total de case 3,4 millóns de euros. O impulso de cadeas de procesos sustentables ou o asociacionismo agrario atópase entre os obxectivos principais das concesións

Publicidade
Resolución das axudas para elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas

Unha das finalidades das axudas é o cultivo ecolóxico

A Consellería de Medio Rural resolveu a convocatoria das axudas concedidas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, no marco da convocatoria de 2021. En total, 39 beneficiarios recibirán preto de 3,4 millóns de euros, entre os que se sitúan as adegas Terras Gauda, Martín Códax, Viña Mein ou Viña Costeira.

Fonte: DOG

Táboa publicada polo DOG en relación ás persoas beneficiarias pola convocatoria da Consellería de Medio Rural

Con esta convocatoria eran subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria ou equipamentos e a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas.

Os principais obxectivos desta convocatoria son, entre outros, os de fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario e impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, da eficiencia enerxética global, da utilización de enerxías renovables e da valorización e tratamento dos residuos.

O fomento da certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica, os produtos acollidos a réximes de calidade, e os pagamentos de uva por calidade sitúanse entre outras pretensións das subvencións.

Outras finalidades pasan por favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións, polo incremento da dimensión empresarial, pola participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor ou por impulsar os investimentos en comercialización e promover a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información