Resolución das axudas para compra de maquinaria por parte de 112 empresas forestais e aserradoiros

A Xunta apoia con máis de 10 millóns de euros a realización de investimentos en modernización de procesadoras, autocargadores e empacadoras de biomasa para traballar no monte, así como en melloras tecnolóxicas en empresas de primeira transformación

Procesadoras-no-monte-Maderas-Fernandez-Lalin-A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución de axudas por preto de 10,7 millóns de euros que benefician a 112 pemes e micropemes de xestión e explotación forestal e da primeira transformación da madeira que investirán máis de 32 millóns de euros en maquinaria e tecnoloxía forestal. A axuda media concedida é de 95.400 euros por compañía, prevendo a convocatoria unha intensidade de axuda do 40% do investimento subvencionable cun máximo de 150.000€ por beneficiario.

A resolución, publicada o pasado xoves no DOG pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, apoia investimentos de diferentes tipoloxías: desde procesadores forestais, que favorecen os traballos en monte dotando mecanismos de seguridade laboral; ata sistemas de aproveitamento da biomasa, que permiten a valorización dos restos das talas; así como maquinaria automática de canteado e clasificado; ou software de procesado nos serradoiros.

A axuda é do 40% e a media resultante por beneficiario é de máis de 95.000 euros

Coa resolución desta convocatoria, este ano a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) suma 13 millóns de axudas concedidas a 134 empresas da industria forestal e 11 asociacións representativas do sector, mobilizando preto de 38 millóns de euros co obxectivo de impulsar a modernización e innovación de toda a cadea de valor da industria forestal, potenciando tamén a formación dos profesionais deste ámbito.

Todos os investimentos teñen lugar en comarcas rurais, servindo para a dinamización económica destas zonas

Así, ademais da resolución por 10,7 millóns de euros, cofinanciada con fondos Feader, véñense de publicar tamén a concesión de axudas por 2,2 millóns de para impulsar a formación especializada dos profesionais do sector forestal e a realización de investimentos na segunda transformación da madeira e do contract.

Estes apoios enmárcanse na Axenda da industria forestal, unha folla de ruta deseñada conxuntamente cos principais axentes para potenciar o sector e impulsar a bioeconomía como motor de competitividade. Cómpre destacar que todos os investimentos teñen lugar en parroquias consideradas rurais, fomentando así a actividade económica neste eido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información