Resolución das axudas non agrícolas para o rural

A Consellería do Medio Rural publica a resolución na que se recolle que un total de 41 proxectos recibirán 2,1 millóns de euros para a creación de novos empregos e dinamizar o rural

Resolución das axudas non agrícolas para o rural

A Consellería do Medio Rural publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se dá publicidade ás axudas para proxectos en actividades non agrícolas. A Xunta destina 2,1 millóns de euros para beneficiar 41 proxectos, o que supón a mobilización dun investimento de arredor de 5,2 millóns de euros. Estas achegas permitirán consolidar 474 postos de traballo e crear 39 novos empregos.

A iniciativa ten coma finalidade fortalecer o emprego no rural en sectores non agrícolas, diversificar e impulsar o tecido socioeconómico destas zonas para así mellorar a súa competitividade, inducir a xeración de novos postos de traballo e reforzar os existentes, así como impulsar a dinamización económica dos territorios rurais.

Todas aquelas entidades que reciban estas axudas teñen de prazo ata o próximo 15 de outubro de 2026 para executar os investimentos subvencionados. Cómpre destacar que na última década 547 empresas galegas foron beneficiadas con esta liña de axudas, a través das cales se mobilizaron 23 millóns de euros. Estes fondos permitiron a creación de case 500 empregos e a consolidación doutros 4.320 na nosa comunidade autónoma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información