Resoltas as axudas para prevención de incendios

A liña de apoios, dirixida a comunidades de montes veciñais e Sofor, terá este ano un total de 475 beneficiarios. Permitirá acometer rozas de mato en zonas estratéxicas e construír puntos de auga

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180406/AnuncioG0426-230318-0007_gl.html

Prazo:

Resumo:

A Consellería do Medio Rural resolveu as axudas para prevención de incendios forestais, que este ano contan con 4,5 millóns de presuposto, un 12,5% máis que o pasado exercicio. A liña de apoios de prevención de lumes, orientada a financiar rozas de mato en puntos estratéxicos e á construcción de puntos de auga, beneficiará a un total de 475 entidades, fundamentalmente comunidades de montes veciñais.

As achegas contemplan dúas liñas de subvención. A principal é a de control selectivo do combustible en áreas cortalumes, faixas auxiliares de pista e rexenerado forestal natural, cun total de 436 expedientes aprobados, por un valor de 3,9 millóns de euros, sendo a provincia de Ourense a que máis beneficiarios tivo (con 181), seguida de Pontevedra (119), Lugo (101) e A Coruña (35).

A segunda liña de subvención financia a construción de puntos de auga, que deberán localizarse en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais. Neste caso, os beneficiarios foron 39, cunha achega superior aos 488.000 euros, destacando a provincia de Ourense (18), seguida da de Lugo (11), Pontevedra (9) e A Coruña (1).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información