Resoltas as axudas para investimentos en tecnoloxías forestais

Resoltas as axudas para investimentos en tecnoloxías forestais

O sector centra os investimentos en equipos de monte coma os autocargadores forestais.

A Axencia Galega da Industria Forestal vén de resolver a liña de axudas para investimentos en tecnoloxías forestais no tocante ó procesamento, mobilización e comercialización da madeira. En total, a Axencia concedeu apoio para 166 proxectos, correspondentes a case un cento de empresas do sector da madeira, biomasa e servizos forestais.

As axudas concedéronse con cargo ás partidas do Plan de Desenvolvemento Rural asignadas para ese fin no 2018 e no 2019, en total 8,1 millóns de euros, cofinanciados con fondos europeos.

Os apoios solicitados e concedidos centráronse en equipos para a xestión da madeira no monte, tales como autocargadores, procesadoras ou empacadoras de biomasa; así coma en apoios a investimentos en instalacións para, por exemplo, liñas de secado ou estelado de madeira.

A resolución das axudas proporciona o listado completo das axudas concedidas e tamén das denegadas por insuficiencia de fondos. Foron 166 os apoios concedidos e arredor de 150 os denegados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información