Arredor de 80 empresas forestais e aserradoiros beneficiaranse das axudas para investimentos concedidas este ano pola Axencia Galega da Industria Forestal. En total, o organismo, dependente da Consellería de Economía, repartirá 8,5 millóns de euros, principalmente para a compra de maquinaria de corta e saca da madeira do monte, como procesadoras forestais, autocargadores ou cabezais de procesadoras.
A Administración tamén apoiará a compra de empacadoras de biomasa e esteladoras, así coma actuacións de mellora de aserradoiros, que incorporarán innovacións tecnolóxicas nas súas instalacións de procesado ou melloras no seu parque de madeira.
Pode consultarse no Diario Oficial de Galicia a lista de beneficiarios das axudas.