Resoltas as axudas de forestación, que financiarán a plantación de máis de 2.000 hectáreas

A Consellería do Medio Rural aproba 152 expedientes, cun 77% das axudas destinadas a comunidades de montes veciñais en man común

Publicidade
Resoltas as axudas de forestación, que financiarán a plantación de máis de 2.000 hectáreas

Imaxe de arquivo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da convocatoria de 2024 das axudas para a creación de superficies forestais, que permitiron aprobar 152 expedientes para actuar en máis de 2.000 hectáreas cun investimento de 4,8 millóns de euros.

A boa acollida desta medida fixo que a Consellería incrementase a dotación inicial dende os 1,5 millóns de euros ata os 5,2 millóns. Os beneficiarios destas axudas son as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos forestais.

O 77% dos 152 expedientes aprobados son de comunidades de montes veciñais en man común. O resto son de particulares de xeito individual (representan en torno a un 14,5%) e agrupacións (arredor do 8%).

Entre 2016 e 2024 a Consellería do Medio Rural xa destinara preto de 41 millóns de euros para a creación de superficies forestais en Galicia. Con estes fondos actuouse en máis de 20.000 hectáreas e o número de plantas de coníferas e frondosas aprobadas para plantar ascendeu a máis de 23,4 millóns de exemplares.

Repercusións ambientais, operativas e económicas

A Xunta lembra que a cantidade de planta aprobada para aumentar a superficie arborada de Galicia, aparte de evidentes repercusións ambientais, ten unha importancia económica e operativa para o sector de produción de planta en viveiros galegos.

Estas axudas enmárcanse no contexto do PDR de Galicia 2014-2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información