Repunta o prezo do leite, que acada o valor máis alto dos últimos cinco anos

O valor medio no campo sitúase en 34 céntimos de media en España no mes de novembro, pero aumenta o diferencial entre o prezo medio español e o que se paga en Galicia

Repunta o prezo do leite, que acada o valor máis alto dos últimos cinco anos

O repunte do prezo do leite que se está a vivir este outono deixa en España no mes de novembro o valor máis alto dos últimos cinco anos, 34 céntimos de media, cunha suba de 0,9 céntimos en relación ó mes anterior, segundo se sinala no último informe do Fondo Español de Garantía Agraria. En Galicia, o prezo medio tamén sobe, aínda que en menor medida, pasando de 32,1 céntimos a 32,6 céntimos.

Galicia continúa a ser a comunidade co prezo máis baixo de todo o Estado e este mes aumenta o diferencial co prezo medio español, que pasa de 1 céntimo a 1,4 céntimos. Se se calcula de xeito ponderado o prezo medio español sen introducir o dato de Galicia, a diferencia real chegaría ós 2 céntimos.

Entre as comunidades veciñas, Asturias sitúase en 35,7 céntimos (+ 0,5 céntimos en relación a outubro) e Castilla y León en 34,2 (+ 0,9 en relación a outubro).

As entregas experimentaron en novembro un aumento do 3,3 % en relación ó mesmo mes do ano anterior, o que leva a unha suba acumulada no que vai de ano dun 1,3% en relación ó mesmo periodo do 2018. No mes de novembro, o leite entregado destacou polas súas calidades, logrando os mellores parámetros do ano tanto en graxa (3,84) como en proteína (3,38). Galicia sitúase en graxa como líder a nivel estatal, cun 3,94, en tanto en proteína ronda a media, cun 3,36.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información