A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 2.207 reses, 624 máis que á do 29 de maio.
En detalle, houbo 1.968 cabezas de vacún menor (591 máis que na sesión anterior); 84 de vacún mediano (12 máis que na sesión anterior) e 155 de vacún grande (21 reses máis que na sesión anterior). En canto aos prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral, tamén se manteñen como na sesión anterior.
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clases e categorías desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (05-VIN-2024)