
Na xornada do 2 de xullo, a asistencia de gando no Mercado Nacional de Amio foi de 1.434 reses, 92 menos que á do pasado 25 de xuño.
En total asistiron ao recinto 1.195 cabezas de vacún menor (82 menos que na sesión anterior); 80 de vacún mediano (oito máis que na sesión anterior) e 159 de vacún grande (18 cabezas menos que na sesión anterior).
En canto aos prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, os vogais da Mesa de Prezos decidiron por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Na habitual enquisa entre as persoas usuarias do mercado respecto do gando que concorreu ao recinto feiral, deduciuse que tamén se manteñen os prezos da sesión anterior para o gando de recría e o mediano e maior de matadoiro
Pódese consultar o cadro completo de cotizacións neste ficheiro: COTIZACIÓNS
Galego








Control OJD