Repetición de prezos do gando en Amio

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

Repetición de prezos do gando en Amio

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

En canto ao gando que concorreu ao recinto feiral de Amio esta semana, tamén se manteñen os seus prezos como na sesión anterior, tanto para o vacún de recría como para o mediano e o maior de matadoiro.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 1.317 reses, 132 más que á do pasado 18 de marzo.

Houbo 1.167 cabezas de vacún menor (79 máis que na sesión anterior); 32 de vacún mediano (18 máis que na sesión anterior) e 118 de vacún grande (53 reses máis que na
sesión anterior).

– Tabla completa de cotizacións (25-03-2026)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información