Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral no Mercado de Amio mantéñense como na sesión do pasado mércores, 21 de agosto. Aínda que se observou unha tendencia á baixa nos da recría das razas cruces industrial cor e frisoa.
En relación á asistencia do gando, na xornada de hoxe rexistráronse 1.645 reses, 576 menos que na da pasada semana, na que houbera un alto volume de gando tralos festivos da semana do 15 de agosto. En detalle, hoxe houbo 1.414 cabezas de vacún menor (636 menos que na sesión anterior); 96 de vacún mediano (+24) e 135 de vacún grande (+36).
Finalmente, na xornada de hoxe os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron subir 0,02 euros os prezos de todas as canles da categoría ‘Tenreira’.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (28-VIII-2024)