Repetición de prezos en Amio, con maior afluencia de xatos de recría

Repetición de prezos en Amio, con maior afluencia de xatos de recría

Esta semana os prezos en Amio mantiveron os valores da sesión anterior en todo o gando vacún, segundo a valoración da organización, se ben sinala que se aprecia unha tendencia á alza no vacún mediano e maior para matadoiro, así como xatos de recría de raza frisona.

En canto á asistencia de gando, entraron esta semana en Amio 1.303 reses, 164 máis a pasada semana. Destaca a suba de xatos de recría, pois entraron 1.075 (223 máis que na sesión anterior), unha situación ligada á menor actividade da Lonxa de Silleda polo conflicto cos compradores críticos coa dixitalización da poxa.

En vacún mediano houbo 75 animais (35 máis) e en vacún maior 158 (24 máis).

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades
desta carne.

Máis información
Táboa completa de cotizacións de Amio (21-V-2025).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información