Repetición de prezos en Amio

Repetición de prezos en Amio

Mercado de Amio. / Arquivo.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana manter as cotizacións de referencia da anterior sesión. En Ternera Gallega, repiten valores todas as categorías de Suprema e de Ternera convencional, se ben nesta última, en opinión dalgúns vogais, os prezos continúan tendendo á baixa. En gando de abasto, decidiuse por unanimidade manter os prezos de recría, vacún mediano e vacún maior.

A asistencia de gando ó mercado desta semana en Amio foi de 1.911 reses, 36 máis que na anterior sesión. Houbo 1.561 cabezas de vacún menor (98 máis), 185 de vacún mediano (4 máis) e 162 de vacún grande (63 menos).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (9-IX-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información