Repetición de prezos en Amio

Repetición de prezos en Amio

Mercado de Amio. / Arquivo.

As cotizacións de referencia marcadas nas mesas de prezos de Amio permanecen esta semana sen cambios. En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP decidiu manter os prezos en todas as categorías e calidades de Suprema e de Ternera, se ben nesta última, en opinión dos vogais, os prezos seguen tendendo á baixa.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, os vogais acordaron por unanimidade manter os valores da anterior sesión tanto para vacún de recría como para vacún maior e mediano de sacrificio.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.074 reses, 206 máis que a pasada semana. Houbo 1.746 cabezas de vacún menor (239 máis), 167 de vacún mediano (20 menos) e 157 de vacún grande (10 menos).

Máis información
Táboa completa de prezos de Amio (26-VIII-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información