Repetición de prezos en Amio

Repetición de prezos en Amio

Vacún maior en Amio. / Arquivo.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebra cada semana en paralelo ó mercado de Amio, acordou novamente repetir os prezos en todas categorías e calidades. En gando de abasto, entre tanto, unha sondaxe realizada entre as persoas usuarias do mercado permitiu concluír que continuaban sen cambios os valores da anterior sesión, se ben algunhas persoas enquisadas apreciaron unha tendencia á baixa en vacún maior.

En canto ó volume de gando do mercado, houbo 1.754 reses, 21 menos que a pasada semana. Houbo 1.388 cabezas de vacún menor (74 menos), 168 de vacún mediano (38 máis) e 198 de vacún grande (15 máis que na sesión anterior).

Máis información
Táboa de cotizacións de Amio (12-V-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información