Repetición de prezos en Amio

Repetición de prezos en Amio

Gando de recría en Amio. / Arquivo.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana repetir as cotizacións de referencia da anterior sesión. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, onde repiten valores o gando de recría, vacún maior e becerros medianos.

En canto ó mercado gandeiro, esta semana entraron 1.697 reses, 144 menos que a pasada sesión. Houbo 1.462 cabezas de vacún menor (97 menos que a pasada semana), 103 de vacún mediano (19 menos) e 132 de vacún grande (20 menos).

Máis información
Táboa de cotizacións de Amio (17-II-2021)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información