Repetición de prezos en Amio

Repetición de prezos en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a repetición das cotizacións en tódalas calidades e categorías de gando. Tras dúas semanas consecutivas de baixadas en vacún maior, esta semana os prezos mantivéronse sen cambios tanto en vacún maior como en recría e becerros carniceiros. Tampouco houbo cambios nos valores acordados na Mesa da IXP Ternera Gallega.

En canto á asistencia de gando á feira, hoxe entraron en Amio 1.728 reses, 108 menos que a pasada semana. Houbo 1.431 cabezas de vacún menor (70 menos que a pasada semana), 158 de vacún mediano (13 menos) e 134 de vacún grande (25 menos).

Máis información
Táboa de cotizacións de Amio (11-XI-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información