Repetición de cotizacións en Amio

As mesas de prezos de Amio manteñen sen cambios os valores da anterior sesión. Así, a Mesa de Prezos do gando de abasto acordou por unanimidade a repetición das cotizacións de gando de recría, vacún maior e becerros para sacrificio, se ben nos becerros de abasto aprecian unha tendencia xeral á baixa nas cotizacións. En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP decidiu pola maioría de votos manter sen cambios os valores de todas as categorías e calidades de gando.

A asistencia de animais ó mercado desta semana foi de 2.150 reses, 33 máis que o pasado 22 de novembro. Houbo 1.624 cabezas de vacún menor, 231 de vacún mediano e 274 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións do gando en Amio (29-XI-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información