Reparto de 158,21 millóns para os programas de desenvolvemento rural das comunidades autónomas

O Consello de Ministros autorizou hoxe a distribución territorial entre as comunidades autónomas de 158,21 millóns de euros para o financiamento dos programas de desenvolvemento rural. A repartición someterase a consideración da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

A distribución realizouse en consonancia cos acordos da Administración Xeral do Estado e as comunidades autónomas para o financiamento dos programas de desenvolvemento rural do período 2014-2022, que resultan de aplicación até o ano 2023, de acordo coa normativa europea que permite sumar tres exercicios á data de finalización do ciclo de referencia.

Os programas de desenvolvemento rural contemplan medidas de apoio de diferente natureza, orientadas a mellorar a competitividade do sector agroalimentario, asegurar a xestión sustentable dos recursos naturais e a acción fronte ao clima e a alcanzar un desenvolvemento territorial equilibrado das zonas rurais. Estas medidas fináncianse co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e as contribucións da Administración Xeral do Estado e das propias comunidades autónomas.

A distribución inicial do importe a repartir entre as comunidades autónomas, condicionada á súa aprobación pola Conferencia Sectorial, é a seguinte:

COMUNIDADES DESRROLO RURAL 2022

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información