A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“A rendibilidade por unidade das empresas forestais en Galicia baixou nos últimos anos e agora está máis no volume de corta”

José Luís Santamaría Labandeira, responsable comercial para Galicia de Logmax Iberia. Foto: Cedida

José Luís Santamaría Labandeira, responsable comercial para Galicia de Logmax Iberia. Foto: Cedida

Entrevistamos a José Luís Santamaría Labandeira, responsable comercial para Galicia de Logmax Iberia, empresa referente no sector da maquinaria forestal a nivel internacional.

-Cóntanos como xurdiu a túa vinculación co sector forestal e con Logmax Iberia en concreto…
Tiven dúas entrevistas con Logmax Iberia, eles estaban a buscar unha persoa para desenvolver a parte comercial e eu estaba a buscar traballo. Chegamos a un acordo e despois de seis anos e medio aquí estou.

Á miña filla maior díxenlle cando entrei en Logmax Iberia que antes vendía maquinas que lavaban a roupa e agora vendo as que a ensucian, por tanto, a miña vinculación co sector forestal e con Logmax Iberia xurdiu simultaneamente.

-Como é o teu día a día e en que zonas traballas?
A miña área de traballo é principalmente Galicia e dar soporte aos distribuidores doutras áreas xeográficas. En canto ao meu día a día, non se diferencia en nada a outros sectores, asesorar aos clientes, identificar oportunidades e tratar de pechar operacións.

-Como valoras a situación actual do sector forestal en Galicia? Cales cres que son os principais retos de futuro aos que se enfronta?
Os nosos clientes transmítennos que a situación do sector forestal en Galicia está en “punto morto”. Con anterioridade, o sector gozaba dunha marxe adecuada, mellorable pero axeitada, pero nos últimos anos o sector empezou a recortar a marxe unitaria, o cal obriga a buscar a marxe no volume.

Porén, os datos son teimudos e o sector forestal ano tras ano corta máis metros cúbicos de madeira, o PIB relacionado co sector forestal segue en crecemento e os usos da madeira están a multiplicarse, de tal maneira que estes usos non son soamente para pasta de papel ou táboa, senón que tamén teñen usos sanitarios, téxtis, construcións sustentables e xeración de enerxía, entre outros.

“O sector forestal de Galicia vai encamiñado de forma inexerable a concentracións parcelarias do monte e a equipos máis modernos e eficientes”

Creo que o sector forestal en Galicia vai encamiñado cara a cambios inexorables que fagan mellorar aínda máis os números actuais: concentracións parcelarias ordenadas, investimentos en equipos máis modernos e eficientes para os traballos actuais no monte, novos equipos para usos enerxéticos, etc.

-A nivel de mecanización do sector forestal, como valoras a evolución nos últimos anos e como cres que evolucionará no futuro?
Tendo en conta a procura da marxe por volume, isto só pódese conseguir investindo os maderistas en maquinaria cada vez máis cualificada, tecnoloxicamente falando.

Comparativamente con outros sectores, os avances e melloras non son notables a curto prazo, pero se botamos a vista atrás, podemos ver como eses cambios foron máis que palpables.

-No caso galego, que papel xogan na estimulación do mercado de maquinaria forestal as axudas da Xunta de Galicia e que aspectos se poderían mellorar?
Case con total seguridade se non existisen axudas por parte da administración autonómica non habería tal movemento de maquinaria forestal nova. Quizais as áreas de mellora nas axudas poderían ser o encamiñar estas axudas a que as empresas forestais sexan capaces de xestionar mellor os seus recursos.

-A falta de man de obra especializada é un problema case estrutural da economía española e europea. Como pensas que se poida facer atractivo o sector forestal para que se incorporen máis traballadores?
Lamentablemente, a falta de man de obra especializada é un grave problema que estamos a padecer tanto no sector forestal como noutros sectores. Non creo que exista unha solución, polo menos a curto prazo, para esta situación.

Os motivos coñecémolos todos, o envellecemento da xeración chamada “baby boom”, a falta de relevo xeracional, a falta de ciclos formativos para as demandas existentes no mercado laboral ou os trámites burocráticos que en determinadas circunstancias retárdanse á hora de contratar por parte das empresas.

Pero non é tan fácil dar coa solución ideal para paliar esta situación. Probablemente orientar a reciclaxe cara aos sectores que demandan persoal, xunto cunha verdadeira posta en valor da formación profesional sería un bo comezo para reverter esta situación, a outra opción sería seguir buscando no estranxeiro persoal cualificado.

-Centrándonos xa nos produtos de LogMax Iberia, cales son os vosos produtos estrela en canto a vendas en Galicia e por qué?
Creo que actualmente dispomos dun catálogo moi amplo de produtos que responde plenamente ás necesidades do sector.

Os cabezais LogMax son moi robustos e fáciles de reparar

Os cabezais LogMax son moi robustos, cunha capacidade de medida excepcional, capaces de traballar en varios tipos de madeiras e con poucas paradas técnicas, e de habelas, con pouco tempo de parada pois son fáciles de reparar, proba diso é o seu bo envellecemento.

Pódense montar en todo tipo de escavadoras e de máquinas de rodas, e van desde un cabezal duns 400 kgs de peso para montar en retroexcavadoras de 8 toneladas até cabezais de máis de 4 toneladas para montar en escavadoras de 40 toneladas.

Todos eles xestionados cun sistema de control, LogMate 510, baixo entorno Windows e moi intuitivo. Deseñado pola propia marca e que permite aproveitar todas as funcións do cabezal.

No caso das procesadoras manteñen a esencia das primeiras Ecolog que tiñan motores Caterpillar e sistema de nivelación da máquina. Na actualidade os motores Volvo Penta dan robustez á parte mecánica, o sistema de nivelación único no mercado permite que o centro de gravidade do equipo se vaia adaptando ao terreo e isto implica un plus de seguridade, a capacidade de procesar madeira na parte traseira da maquina e as melloras na habitabilidade da cabina fan que nosas procesadoras sexan inigualables nos seus respectivos segmentos. Ademais, o feito de que se poidan colocar a 20 centímetros do chan permite que o transporte en góndola sexa moito máis sinxelo.

Os autocargadores Ecolog tamén sufriron unha evolución paralela ás procesadoras na motorización. Os motores Volvo Penta tamén permiten consumos moi axustados, cunha hidrostática moi lograda. A parte mecánica colocada na parte baixa do autocargador permiten maior estabilidade e moita máis accesibilidade á hora de revisar o equipo.

A posibilidade de montar non só guindastres Cranab senón tamén Epsilon e ter como opcional o Ecolog Tip control ou ETC (control intelixente de guindastre) achegan outras variables a ter en conta.

Por ultimo, nun sector forestal que vai en procura de novas áreas de aproveitamento dos recursos, nosas astilladoras Bruks e a súa versatilidade, cumpren as producións e a calidade da astilla que o mercado necesita.

“A nosa procesadora 590 da serie G é única no mercado”

LOGMAX 2

-Que destacarías das novidades que ten no mercado a vosa empresa?
A nosa procesadora 590 da serie G que ten 320 CV, coa nova cabina xunto co sistema de nivelación e colocando un cabezal LogMax 7000C con motores de caudal variable na punta, fano un equipo único no mercado, e se xa temos a oportunidade de pór a traballar detrás da procesadora un autocargador 584F de 16 toneladas ou un 594F de 20 toneladas teriamos como resultado unha combinación gañadora.

-O servizo postvenda é clave á hora de comprar unha máquina forestal. Cales son os puntos fortes ao respecto no caso de LogMax Iberia?
O servizo postvenda xunto coa dispoñibilidade do reposto e a axilidade na subministración do mesmo son esenciais á hora da toma de decisión, sen ningunha dúbida.

Neste punto temos unha persoa que fai a diagnose telefónica e se se pode dar unha solución telefónica, faise de maneira inmediata, acurtando con iso os tempos de parada dos nosos equipos no monte. Se pola contra requírese unha intervención no monte, prográmase e realízase ben con asistencia directa no monte ou ben nas nosas instalacións. Sexa dunha maneira ou outra, temos un equipo de profesionais que dan un servizo que nós consideramos premium aos nosos clientes.

-Tamén traballades o segmento de maquinaria de segunda man. Que destacarías do mesmo?
Ecolog ten unha división en Suecia encargada de recoller máquinas usadas cuxos mantementos e reparacións foron realizadas polo propio servizo de Ecolog. Cando estas máquinas son recollidas, revísanse, repáranse, e lánzase unha folla resumen de todas as intervencións que tivo esa procesadora ou autocargador. Isto permítenos ter garantías de que o produto que vendemos é un produto visado polo propio Ecolog. Proba diso, é o número de máquinas usadas e seminovas que actualmente estamos a vender.

 Estamos a traballar nunhas novas instalacións en Galicia

-Que proxectos tedes en marcha en Galicia?
LogMax Iberia non está á marxe das necesidades do sector e actualmente o noso proxecto máis inmediato é a creación dunhas novas instalacións que cubran as demandas actuais. Mais espazo e máis dotación tecnolóxica que nos permitirán acurtar, aínda mais, os tempos de espera.

-A modo de conclusión, por que lle recomendarías a un empresario do sector forestal comprar maquinaria de LogMax Iberia?
Creo que é un compendio de todo o falado até agora. Temos un servizo postvenda moi adecuado, cun produto eficiente e que cobre as necesidades de calquera empresa forestal. Lembro aquel anuncio que dicía: “Busque, compare e se atopa algo mellor, cómpreo”, sen dúbida pódese aplicar á nosa empresa.

-Algo máis que queiras engadir?
Si, pola miña banda teño que engadir varios agradecementos. En primeiro lugar agradecer a Ecolog Suecia, Logmax Suecia e Bruks o respaldo que nos dan tanto a nivel técnico como a nivel de atender as nosas necesidades.

En segundo lugar, a todos as persoas que forman o equipo de LogMax Iberia, que no meu caso en concreto, axudáronme día tras día e que están a realizar un traballo moi eficiente. Como tamén a todos os distribuidores que temos repartidos por España e Portugal.

Por ultimo non me podo esquecer de todos e cada un dos clientes que confían nas nosas marcas e que entenden que o noso produto cumpre as necesidades que eles requiren para facer o seu traballo. Cada día son máis profesionais os que confían en nós.

Para aqueles que aínda non nos coñezan e queiran coñecernos pódeno facer a través da nosa páxina web: www.logmax.es ou facéndonos unha visita nas nosas instalacións no polígono industrial de Foz (Lugo), onde os atenderemos gustosamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *