Rematada a concentración de 343 hectáreas no concello coruñés de Santiso

Rematada a concentración de 343 hectáreas no concello coruñés de Santiso

O conselleiro do Medio Rural, José González, na entrega dos títulos

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta mañá xunto coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, na entrega de 630 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Serantes e Niñodaguia-sector II, no concello coruñés de Santiso, dando así por rematado este proceso que beneficiou a un total de 362 veciños da zona.

Esta parcelaria, na que o Goberno galego investiu preto de un millón de euros, supuxo a reorganización dunha superficie de 343 hectáreas. Neste senso, cabe sinalar que a meirande parte desta concentración está dedicada a labradío e pastos, polo que a reorganización que se fixo na zona permitiu triplicar a superficie media das parcelas finais e reducir os custos de produción das granxas da contorna, ao concentrarse a súa base territorial. Así, pasouse de 1.997 predios iniciais a 630 parcelas resultantes, mellorando a estrutura territorial das explotacións desta área.

O concello de Santiso ten concentrada preto do 60% da súa superficie, ao ter xa rematados seis procesos de concentración parcelaria. Esta porcentaxe será de algo máis do 70% cando se finalice a concentración de Novela-Liñares-Pezobrés, prevista para este ano 2022.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información