Rematada a concentración parcelaria de 1340 hectáreas en Beán-Pereira, no concello de Ordes

Neste proceso reorganizouse unha superficie de case 1340 hectáreas, da cal se beneficiaron 827 veciños. Deste xeito, pasouse de 9000 parcelas iniciais a preto de 1600 predios finais

Rematada a concentración parcelaria de 1340 hectáreas en Beán-Pereira, no concello de Ordes

A concentración parcelaria beneficiará a 827 veciños propietarios

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta mañá xunto coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, na entrega de case 1.600 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Beán-Pereira II, no concello coruñés de Ordes. Esta parcelaria supuxo a reorganización dunha superficie de case 1.340 hectáreas, beneficiando a 827 veciños propietarios.

Deste xeito, pasouse dunhas 9.000 parcelas iniciais a preto de 1.600 predios finais, “o que permitiu mellorar a estrutura territorial das explotacións da zona e, por tanto, diminuír os seus custos de produción”, afirman desde a Consellería do Medio Rural. Así, “no concello de Ordes o 70% da súa superficie xa está concentrado”, afirmou o conselleiro, José González. Ao mesmo tempo, aportou que “en preto de 6.000 hectáreas se entregaron os correspondentes títulos de propiedade e noutras 5.000 ha os veciños xa puideron facer uso dos novos predios de substitución”.

É necesario sinalar que está a disposición de todos os interesados a descarga da representación gráfica xeorreferenciada destas novas fincadas resultantes da concentración parcelaria. Estes ficheiros descargables, no formato europeo INSPIRE de parcela catastral (GML), poderán ser utilizados para posteriores operacións que necesiten dunha inscrición rexistral.

Así mesmo, o conselleiro lembrou que “o seu departamento segue decretando novos procesos de reestruturación e, precisamente, o pasado ano declarouse a parcelaria de Poulo, no concello de Ordes, ademais doutros novos procesos nos concellos de Outeiro de Rei, Friol e Castro de Rei”. Estas novas concentracións parcelarias iniciáronse ao abeiro da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga).

Ademais, José González indicou que “se seguirán impulsando este tipo de procesos á vez que se aposta por outros instrumentos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados na explotación das terras”. “Así, tal e como recolle a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, fomentaranse os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra, a iniciativa das aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outros”, concreta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información