Remata a VIII Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros

20260724EscolaGandeirosBalseiros2O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, asistiu hoxe á demostración de Preparación e Presentación de animais celebrada no marco da VIII Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros. A actividade supuxo o colofón desta iniciativa, que se desenvolveu na Finca Mouriscade e na que tomaron parte máis dunha vintena de mozas e mozos de entre 9 e 25 anos.

O director xeral trasladou os parabéns a todos os participantes e puxo en valor esta Escola como medio de impulso á remuda xeracional nas explotacións, un asunto que, reiterou, constitúe unha das principais liñas de traballo da Consellería. Así, o Goberno galego impulsa diversas ferramentas para favorecer esta remuda, a través da formación, as axudas para a incorporación de mozas e mozos e de novos activos ao sector, os plans de mellora ou o Banco de explotacións.

Sobre o compromiso da Xunta coa formación agraria, subliñou que se pon de manifesto especialmente co labor dos seis centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) adscritos a Medio Rural e que, tal como destacou, están rexistrando unha elevada demanda de prazas de cara ao vindeiro curso.

José Balseiros felicitou tamén aos organizadores desta Escola, a Federación Frisona Galega e o Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia, que promoven a iniciativa co apoio de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e da Deputación Pontevedra.

20230724EscolaGandeirosBalseiros 20260724BalseirosEscolaGandeiros3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información