Remata o curso de elaboración de produtos lácteos no CFEA Pedro Murias

Remata o curso de elaboración de produtos lácteos no CFEA Pedro Murias

Alumnado do curso de elaboración de produtos lácteos durante unha das sesións prácticas.

Esta semana rematou o curso de elaboración e transformación de produtos lácteos que se estaba a impartir no Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Pedro Murias, de Ribadeo (Lugo). Ó longo de cinco semanas, os participantes combinaron as ensinanzas teóricas coas sesións prácticas para coñecer as claves da fabricación dalgúns dos queixos galegos máis populares.

O curso tivo unha gran acollida e contou con alumnado procedente de moi diferentes puntos da xeografía galega, en especial das provincias de A Coruña e Lugo como Begonte, Ribadeo, Valdoviño, Castro de Rey, As Pontes, Alfoz, Abadín, Xove ou Moeche, entre outros.

Todo o alumnado estaba directamente relacionado con esta actividade. Así, en torno ó 75% dos participantes teñen pensado ou están xa en proceso de iniciar un proxecto de elaboración de produtos lácteos ligados á súa gandería.

Ó longo destas semanas os participantes coñeceron os principais compoñentes do leite, os distintos tipos de callado ou os fundamentos básicos da fabricación dos queixos. Ademais, tamén coñeceron, mediante sesións teóricas como con obradoiros, as técnicas de elaboración de queixos tan populares coma o Arzúa – Ulloa, Tetilla, San Simón, Cebreiro así como do queixo enzimático, o requeixo ou o iogur, entre outras cuestións.

Os organizadores do curso valoran moi positivamente a formación pola extraordinaria participación e o bo aproveitamento que o alumnado fixo das sesións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información