Remata a vendima na D.O. Ribeira Sacra cumprindo as expectativas con 6 millóns de quilos recollidos

Publicidade
Remata a vendima na D.O. Ribeira Sacra cumprindo as expectativas con 6 millóns de quilos recollidos

A data 11 de outubro, a última adega que seguía recollendo uva na D.O. Ribeira Sacra anunciou o remate dos traballos, poñendo fin a esta campaña na que se prevía producir uns 6.000.000 de quilos de uva.

Despois de 47 días de vendima oficial, alcanzáronse os 6.047.400 quilos. O ano pasado o remate da vendima foi o 20 de outubro, un dos finais máis tardíos na historia da D.O. con 6.545.331 quilos vendimados.

Este ano os controis de maduración realizáronse entre o 23 e o 25 de agosto, o día 26 iniciáronse vendimas provisionais en parcelas que xa reunían as condicións para a recollida de uva, aínda que o inicio oficial foi o 15 de setembro.

Nesta vendima 2022 houbo 2.208 viticultores inscritos e 88 adegas que recolleron as seguintes cantidades por variedade de uva:

Variedades tintas:

Mencía 4.814.065 quilos
Garnacha 232.015 quilos
Sousón 116.937 quilos
Merenzao 61.378 quilos
Brancellao 53.397 quilos
Tempranillo 30.769 quilos
Caíño tinto 32.011 quilos
Mouratón 6.895 quilos
Grao Negro 1.845 quilos

Variedades brancas:

Godello 555.938 quilos
Albariño 75.936 quilos
Treixadura 45.888 quilos
Dona Branca 6.811 quilos
Branco Lexítimo 8.008 quilos
Loureira 3.710 quilos
Torrontés 1.797 quilos

A campaña péchase segundo o esperado. Cumpríronse as expectativas de roldar os 6 millóns de quilos e a uva que entró en adega estaba en moi boas condicións e con bo grao, na media da última década.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información