Relevo na dirección da fábrica de leite condensado de Nestlé en Galicia

Júlio Diniz substituirá no cargo a David Coré, que dirixiu a factoría desde 2013 e que asumirá novos retos na área de Nutrición e Calidade da Compañía.

Relevo na dirección da fábrica de leite condensado de Nestlé en Galicia

Fotografía de David Coré (izq) e Júlio Diniz (dcha) Fonte: NESTLE

A factoría de leite condensado de Nestlé en Pontecesures (Pontevedra) vivirá nos próximos días cambios na súa dirección. O até agora director, David Coré, asume novos retos dentro da compañía a partir do 1 de febreiro. Na súa substitución, nomeouse a Júlio Diniz, até agora Manufacturing Excellence Manager da zona EMENA (Europa, Oriente Medio e Norte de África), quen destaca pola súa traxectoria profesional de 16 anos desenvolvendo diversas posicións relacionadas con fábrica.

Diniz uniuse ao Grupo Nestlé en 2013 e desde entón ostentou diferentes cargos en varios países relacionados coas operacións en fábrica e a procura da excelencia da produción, ata que en 2017 foi nomeado Manufacturing Excellence Manager para a zona EMENA. Durante este tempo, coñeceu de preto 40 fábricas de Nestlé situadas en 20 países e 4 continentes.

Este brasileiro de 40 anos, casado, con 2 fillos, gran amante da cociña, que lle gusta correr no seu tempo libre e que viviu ao longo da súa carreira profesional en países como Brasil, Francia, Suecia, Suíza e Alemaña, confesa iniciar esta nova andaina con moita ilusión: “Esta nova posición como director da fábrica de Nestlé en Pontecesures é un reto que asumo co obxectivo de seguir convertendo a factoría en centro de referencia da compañía na produción de leite condensado en Europa”. 

Ademais, engadiu: “Busco combinar as aprendizaxes e as mellores prácticas adquiridas ao longo da miña traxectoria profesional co coñecemento, a enerxía e a experiencia do equipo de fábrica para continuar deleitando a vida dos consumidores cos produtos de Nestlé. Así mesmo, seguiremos traballando para impulsar a sustentabilidade coa meta de alcanzar nun futuro o cero emisións netas de gases de efecto invernadoiro e seguir reducindo o uso de auga nos procesos de produción”. 

A planta de Pontecesures duplicou a súa produción desde 2013 e incrementou nun 150% as súas exportacións

Pola súa banda, David Coré continuará desenvolvendo o seu labor na área de Nutrición e Calidade dentro do equipo de Iberia Quality Management de Nestlé. Desde que Coré asumise a dirección da fábrica de Pontecesures en 2013, esta consolidou a súa posición dentro do grupo duplicando o seu volume de produción. Para iso, foi importante a apertura de novos mercados en África, Oriente Medio e Oceanía, supondo un incremento do 150% do volume das exportacións.

Así mesmo, durante a súa dirección, a innovación tamén xogou un papel relevante. Neste tempo lanzáronse novos produtos que foron todo un éxito. Este é o caso do doce de leite de La Lechera, La Lechera Veggie -primeira alternativa vexetal ao leite condensado-, La Lechera toppings de diferentes sabores (lemon pie, chocolate, café ou pistacho) ou La Lechera desnatada sen lactosa.

Ademais, en materia ambiental, logrou que o centro de produción reduza en case un 80% o uso de auga por tonelada producida na última década.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información