Reforzar o sistema inmunitario da vaca, vía para lograr un posparto sen antibióticos

Michigan é o sexto produtor de leite dos EEUU. Ademais de ser o Estado coa maior media de produción por vaca é tamén o que ten a mellor calidade hixiénico sanitaria. Coñecemos da man do veterinario galego Ángel Abuelo como traballan para lograr estes resultados

Explotación leiteira do Estado de Michigan, onde hai unhas 1.000 granxas

Explotación leiteira do Estado de Michigan, onde hai unhas 1.000 granxas e 445.000 vacas

O galego Ángel Abuelo Sebio é profesor de Sanidade e Benestar Animal do Gando na Universidade Estatal de Michigan, en EEUU, onde o seu programa de investigación se centra en métodos que melloren a resposta inmunitaria do gando vacún tanto na fase de recría como de lactación.

A alimentación e manexo do gando no periodo de secado é unha das claves para reducir o uso de antibióticos durante o periodo posterior de posparto, tal como explicou durante a súa intervención nas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por Seragro e que este ano se están a celebrar de xeito virtual.

Ángel, durante un dos seus traballos de campo nunha gandería de leite de Michigan

Ángel, durante un dos seus traballos de campo nunha gandería de leite de Michigan

Ángel, con familia gandeira en Arzúa e Mazaricos, licenciouse en Veterinaria pola USC e leva anos adicado á docencia nos EEUU. Pero ademais de investigar e dar clases, entre as súas funcións atópanse tamén as de extensión universitaria, prestando apoio a veterinarios e gandeiros de todo o Estado.

Michigan, situado ao norte, na zona dos grandes lagos, no límite xa con Canadá, é o sexto produtor de leite nos Estados Unidos, con 445.000 vacas repartidas nunhas 1.000 ganderías (o tamaño das explotacións varía entre as máis pequenas, con entre 100 e 250 vacas, e as máis grandes, entre 1.000 e 5.000 vacas).

Michigan é o sexto produtor de leite de EEUU e ten a mellor media de produción por vaca e o leite co menor reconto de células somáticas

Michigan conta coa mellor produción media de EEUU (12.300 quilos de leite por vaca e ano) e destaca tamén pola calidade hixiénico-sanitaria do seu leite, cunha media de 144.000 células somáticas por ml, o mellor índice dos Estados Unidos.

Que motiva o uso de antibióticos durante o posparto?

Angel Abuelo enfermedades pospartoÉ no periodo que vai desde o secado até o comezo da lactación no que teñen lugar o maior número de enfermidades e moitas delas, como a metrite, a mamite ou o desprazamento de abomaso, van requerir o uso de antibióticos para o seu tratamento. Pero a maiores, outros problemas metabólicos que aparecen nesta fase, como a hipocalcemia ou a cetose, van predispoñer aos animais á aparición de enfermidades infecciosas, xa que reducen a súa capacidade inmunitaria.

Os antibióticos son subministrados aos animais por vía oral, inxectable ou intramamaria. Son os inxectables os que teñen un maior peso en canto á cantidade de mg administrados, algo que Ángel achacou precisamente ao tratamento das enfermidades posparto.

Restrinxir o uso de antibióticos

Angel Abuelo estrategia reducion antibioticos

“Hai dúas estratexias fundamentais para reducir o uso de antibióticos. A primeira é usalos só naqueles casos nos que sexa estritamente necesario, mediante o uso de cultivos para identificar os patóxenos a tratar, por exemplo no caso das mamite, e tratar só aquelas nas que a vaca vai necesitar antibioterapia e non casos nos que a vaca pode superar a enfermidade sen ela”, defende Ángel.

A gran maioría das explotacións coas que eu traballo en Michigan realizan cultivos nas propias granxas para identificar os patóxenos que causan as mamites

No caso da metrite, tamén é habitual en Michigan a realización de probas diagnósticas mediante o sistema Metricheck para avaliar a gravidade da enfermidade, reservando só aqueles casos máis severos para o seu tratamento con antibióticos.

Prevención mediante a mellora do sistema inmunitario

Angel Abuelo disminucion inmunidad fase transicion

A segunda das estratexias para a redución do uso de antibióticos é a prevención, destaca Ángel. “A prevención é sempre mellor que calquera cura e cando falamos de prevención de enfermidades infecciosas estamos a falar de mellorar o sistema inmunitario dos animais”, explica.

A función inmune da vaca empeza a diminuír 3 semanas antes do parto e mantense en niveis baixos ata 4 semanas despois do parto

Unha das principais causas de enfermidades infecciosas durante esta fase de posparto é a disfunción do sistema inmune no período de transición, xa que tanto a función dos linfocitos como dos neutrófilos diminúe antes do parto e mantense en niveis baixos ata aproximadamente catro semanas despois do parto, o que sitúa á vaca nun maior risco de contraer enfermidades infecciosas.

Angel Abuelo manejo nutricional y suplementacion

“Para minimizar a disfunción inmunitaria é moi importante comezar a traballar no período seco, porque aínda que as enfermidades teñen lugar tralo parto, a patoloxía subxacente desenvólvese no final da xestación, por iso é moi importante manexar ás vacas secas de forma adecuada”, destaca Ángel.

Hai diversas fontes de estrés que contribúen á baixada de defensas da vaca durante o período seco

Os factores que contribúen a esta disfunción inmunitaria son diversos e están relacionados con diversas fontes de estrés, como o motivado polo manexo, as xerarquías no rabaño ou as altas temperaturas, pero as máis importantes a efectos de enfermidades posparto teñen que ver co estrés metabólico e oxidativo, porque se poden corrixir mediante un manexo nutricional adecuado durante o período seco, indica Ángel.

Controlar a condición corporal

Angel Abuelo control condicion corporal vaca seca

“Os animais teñen que ter unha condición corporal óptima durante a fase de secado. As vacas gordas van comer menos tralo parto e van ter un balance enerxético negativo, mobilizando máis graxa e tendo unha menor inxesta de materia seca e isto predisponas máis a enfermidades metabólicas e infecciosas, porque canta máis graxa mobilizan, menor concentración de inmunoglobulinas e anticorpos en sangue dispoñibles, por tanto, menor funcionalidade do sistema inmune”, asegura Ángel.

As vacas con sobrepeso teñen unha menor resposta inmunitaria, porque a medida que mobilizan máis graxa, menor é a cantidade de anticorpos dispoñibles en sangue, o que diminúe a súa capacidade de loitar contra as infeccións

Como podemos previr este sobrecondicionamiento durante o final da lactación e o secado? É un problema multicondicional, asegura Ángel, pero todo empeza cun manexo reprodutivo eficaz, tentando que as vacas queden preñadas o máis pronto posible tralo período de espera voluntaria, de maneira que podamos previr longos intervalos entre partos porque cando as vacas teñen unha lactación estendida van adquirir maior condición corporal, sobre todo ao final da lactación.

A sobrealimentación no preparto conleva maior predisposición a enfermidade metabólica porque os ácidos graxos non esterificados e os corpos cetónicos teñen unha capacidade inmunodepresora

Este experto realiza ademais unha serie de recomendacións en materia de aloxamento, para garantir grupos de vacas apropiados con alimentación específica, evitando, por exemplo, un consumo excesivo de enerxía en vacas de baixa produción. “O ideal sería tamén ter ás xovencas primeirizas separadas das vacas pola competencia no acceso ao comedero e manter grupos homoxéneos sen ter que facer cambios constantes de lotes, o que aumenta a tensión, o mesmo que é recomendable dispoñer de mecanismos para a redución do estés térmico por altas temperaturas no verán”, explica.

Angel Abuelo dieta vacas secas

Existen distintas estratexias dietéticas a seguir no período seco dentro do manexo nutricional da vaca seca, que van desde restrinxir o contido de enerxía na ración, ben limitando a inxesta, ben aumentando o contido de fibra para diluír a porcentaxe de enerxía, ata un sistema graduado que empezaría con enerxía restrinxida ao comezo do secado e maior enerxía ao final, en preparto, con dúas dietas diferenciadas para as primeiras tres semanas de secado e as tres últimas.

Recoméndase modificar a ración na metade do período seco para achegar máis enerxía á vaca nas tres semanas anteriores ao parto

Ángel recomenda este último sistema, con dúas dietas diferenciadas no secado, unha inicial na que se reduza a cantidade de enerxía mediante a introdución de palla na ración, para deste xeito optimizar o consumo de materia seca pero reducir o de carbohidratos, e unha posterior, para as tres semanas previas ao parto, con maior inxesta de enerxía e proteína metabolizable e introdución de aminoácidos esenciais como metionina e lisina en niveis similares aos da lactación.

Prevención de hipocalcemia

Angel Abuelo prevencion hipocalcemia

A hipocalcemia ten graves consecuencias, non só cando se dá a febre do leite e a vaca non se pode levantar (hipocalcemia clínica), senón cando se dá hipocalcemia subclínica, é dicir, cando as concentracións de calcio en sangue son baixas pero o animal é capaz de andar, polo maior risco de enfermidades metabólicas e a afectación ao sistema reprodutivo.

Non se recomendan dietas baixas en calcio en xovencas por estar aínda medrando

Por iso, Ángel asegura que “a prevención de hipocalcemia é moi importante”. En Michigan moitas ganderías utilizan sales aniónicas na ración de preparto, o que provoca unha acidificación da dieta que reduce a absorción de calcio pero tamén xera problemas de palatabilidade, algo que pode reducir a inxesta de alimento. “Para que o nivel de acidificación da dieta sexa efectivo para bloquear a absorción de calcio o pH debería estar por debaixo do 6,5”, detalla.

Estrés oxidativo: Que é e como se pode previr?

Angel Abuelo estres oxidativo

O estrés oxidativo refírese ao equilibrio entre a produción radicais libres e a cantidade de antioxidantes presentes no animal, xa que a sobreproducción de radicais libres vai xerar dano nos tecidos e a provocar unha disfunción metabólica e unha resposta inflamatoria exacerbada.

O dano oxidativo en tecidos comeza tralo parto pero o estrés oxidativo procede do período seco

A estratexia debe centrarse en proporcionar unha suficiente cantidade de antioxidantes (vitamina A, D e E ou outras vitaminas, micronutrintes e oligoelementos) aos animais mediante unha suplementación que permita previr estas enfermidades e mellorar a produción de leite. É unha estratexia que seguen a maioría de granxas en Michigan.

Á hora de formular unha dieta é importante equilibrar todos os antioxidantes, máis aló da vitamina E e o selenio, polas súas múltiples interaccións

Aínda que Ángel advirte: “un exceso de antioxidantes pode ser prexudicial e estar relacionado con maiores problemas de mamites, polo que hai que chegar a un punto de equilibrio que permita optimizar a produción de leite e previr enfermidades metabólicas sen prexudicar o estado de saúde do animal noutros aspectos”. En EEUU, por exemplo, hai un límite legal para a cantidade de selenio que se pode poñer na dieta dos animais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información