A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Rede Agriconect 4.0: “Impulso da transformación dixital no sector agroindustrial”

Rede Agriconect 4.0: “Impulso da transformación dixital no sector agroindustrial”

Xornada de peche do proxecto

O pasado día 13 de decembro 2021 o Inorde organizou a Xornada de Peche do proxecto Rede Agriconect 4.0: “Impulso da transformación dixital no sector agroindustrial” no seu Centro de Desenvolvemento Agroindustrial. Na xornada presentáronse os fitos e novos retos do sector agrícola na provincia de Ourense, que son comúns nas rexións beneficiarias do proxecto.

Coa participación de varios expertos nos sectores claves da provincia así como de empresas e emprendedores presentáronse por parte da responsable de proxecto da Escola de Organización Industrial (EOI), Laura Miguel e da Xerente de Inorde Emma González os resultados do proxecto:

102 pemes de España e Portugal participaron no programa de asesoramento en transformación dixital:

30 en Estremadura (FEVAL e CTAEX)
30 en Ourense (INORDE)
22 no alto Támega (ADRAT)
20 en Centro Portugal (STARTUP LEIRIA e EOI)

Ademais o Inorde intensificou a acción de formación deslocalizando as xornadas en colaboración cos concellos da provincia, a aqueles lugares de maior produción, chegando a máis de 150 persoas. En concreto, realizáronse ao abeiro deste proxecto accións en:

-Apoio á toma de decisións en viñedo
-Xornadas de Formación en Castiñeiro e necesidades de dixitalización aplicadas en campo.
-Novas tecnoloxías e dixitalización aplicadas ás colmeas
– MOOC en transformación dixital no sector agroindustrial
242 matriculados en castelán
57 matriculados en portugués

– 12 pílulas de boas prácticas

3 Encontros transfronteirizos e unha Xornada de peche.

– Iniciativa “Agriconect Innovation Challenge”

35 retos expostos por pemes e compartidos na web Agriconect (14 de España, 11 de Portugal e 7 de ambos os países)

Principais retos detectados:

Mellora da rede de internet e cobertura móbil
Formación e asesoramento en dixitalización
Dixitalización e automatización de procesos produtivos
Acceso a financiamento

– 8 solucións aos retos expostos.

Divulgación en medios Web, redes sociais: elaboración de microvideos de difusión.
Participación en eventos/feiras promocionando os produtos das empresas participantes na formación.
Vinis terrae 2021
Salón Internacional de Turismo Gastronómico – Xantar 2021

Dixitalización sector vitívinicola

Masterclass: “Boa práctica sobre promoción das variedades autóctonas a través de accións de comunicación dixital”

Xornada formativa: “Comercialización a través de canles dixitais”

Máis información: http://agriconect.eu/

#agriconect

Datos claves do proxecto REDE_AGRICONECT 4.0: “Impulso da transformación dixital no sector Agroindustrial das rexións Alentejo-Centro-Estremadura e Galicia-Norte de Portugal”

Programa INTERREG V A – AREA 6 Plurirrexional. Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.
Data fin: 31.12.2021
IMPORTE TOTAL: 640.057,36 €
Cofinanciación Fondos FEDER : 75%
Xefe de fila: Fundación EOI FSP
Socios:
Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico – INORDE
Asociación Empresarial Centro Tecnolóxico Nacional Agroalimentario Estremadura CETAEX
Institución Feiral de Estremadura – FEVAL
ADRAT, Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega (PT)
Incubadora D. Dinis IDDNET (PT)

Actividades do proxecto
1. Captación de pemes e micropemes para o asesoramento en transformación dixital
2. Asesoramento en dixitalización; elaboración e seguimento do Plan de transformación.
3. Rede Agriconect
Pílulas formativas
MOOC
Encontros empresariais
4. Iniciativa agriconect challenge: formulación de retos por empresa para procura de solucións dentro da propia rede.
5. Xestión
6. comunicación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *