Recuperación dos prezos dos xatos de recría en Silleda na primeira poxa de 2016

Soben tanto os xatos de recría de Frisona como os de Cruce Industrial. Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e dos ovos. Os leitóns soben un 1%. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 5 de xaneiro.

Recuperación dos prezos dos xatos de recría en Silleda na primeira poxa de 2016

Sesión da Central Agropecuaria de Galicia

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, na primeira poxa do ano, caracterizáronse pola suba xeneralizada nos prezos dos becerros de recría.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 87 euros, fronte aos 31 do martes 29 de decembro. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, houbo tamén suba de prezos: unha media de 99 euros por xato, fronte aos 76 da semana pasada. Onde se notou tamén a suba foi nos tenreiros de máis de 51 días: 133 euros de media por animal fronte aos 109 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia tamén foi á alza de prezos, agás nos de menos de 20 días, que se pagaron a unha media de 173 euros, fronte aos 285 do pasado martes. Pola contra, os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 372 e a 469 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 359 e 369 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables cunha lixeira baixada: 1.040 euros de media en categoría primeira, 703 en segunda e 447 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.059, 711 e 431 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_VACUN_5_1_16

Ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: as categorías XL e S quedaron en 1,53 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L quedou nos 1,36 euros e a ducia dos de clase M en 1,25 €.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse sen cambios:1,60 €/quilo.

O porco cebado mantense estable e soben os leitóns

A mesa de prezos acordou hoxe manter as cotizacións da semana pasada: 0,895 euros por quilo en selecto e 0,870 en categoría normal, mentres que a canle II quedou en 1,130. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos mantivéronse tamén sen cambios en 1,25 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, desta vez un 1%. Deste xeito quedaron nos 34 euros os procedentes de varias explotacións e nos 39 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_PORCINO_5_1_16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información