A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, vén de cursar visita á Rectoral de Rábade (Taboadela, Ourense), un complexo de turismo ecolóxico que fixo da madeira un sinal de identidade.
Durante a visita, Lorenzana, acompañada polo director de XERA, Alfredo González, avogou por extender o uso da madeira na construción, toda vez que este material achega solucións innovadoras e sustentables, ademais de ter un impacto no desenvolvemento local e na xestión forestal.
Rectoral de Rábade é un complexo de turismo ecolóxico e formación en permacultura que supón un exemplo do uso que se fai de produtos de madeira locais, tanto en exteriores como a nivel estrutural e interiores.

Un momento da visita institucional a Rectoral de Rabade.
Galego









Control OJD