Recría Castro, vinculada a Seagro, elixida para xestionar o Centro de Recría da Deputación de Lugo

Recría Castro, vinculada a Seagro, elixida para xestionar o Centro de Recría da Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo adxudicou de maneira provisional este xoves á empresa de Cospeito, Recría Castro S.L.U. a xestión do centro de recría de gando frisón que o organismo provincial habilitou na granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei, e que será o primeiro de carácter público de España.

Esta empresa, creada especificamente para aspirar a esta concesión, ten como socio maioritario á cooperativa Seragro, que conta cunha longa e destacada experiencia con vacas de leite de alta produción.

Así se recolle hoxe na edición local de La Voz de Galicia e de El Progreso. Recría Castro competía pola adxudicación con Dairy Experts Inc., de California; Ganados Deus S.L, de Begonte; e CR Aleitar, de Taboada.

Recría Castro fixa prezos de 2,39 euros ao día por animal, nun contexto dun prego que establecía un máximo de 2,83. Tamén ofrece un canon anual de 100.000 euros, que empezaría a abonar a partir do quinto ano de actividade. Ademais, a empresa propuxo melloras no funcionamento do servizo, como a formación do persoal en materia de benestar animal e a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e con Seragro para compartir os seus recursos. A intención da firma é ter a finais de 2019 as instalacións ocupadas ao 100 %, isto é, 2.800  xovencas que pode albergar o centro.

A elección é aínda provisional. A empresa deberá presentar agora toda a documentación requirida, mentres que as outras tres que optaban ao concurso tamén poden presentar alegacións. Se ninguén recorre, a elección será ratificada polo pleno ordinario da Deputación  previsiblemente o día 25 deste mes.

O Goberno da Deputación prevé que o Centro de Recría abra as súas portas nesta primavera. A licitación concederase por un período de 15 anos prorrogables e a Deputación poñerá a disposición do licitador unhas instalacións valoradas en 15,9 millóns de euros, que inclúen 15 naves -13 delas de nova construción-, unha área de boxes para as crías e unha planta de biogás que fornecerá enerxía ao Centro, ademais dos terreos, que suman en total 182 hectáreas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información