Récord histórico en Silleda no prezo medio dos becerros de recría

O valor medio chegou aos 408,81 euros nunha xornada onde os prezos subiron en case todas as categorías, especialmente nos becerros carniceiros

Récord histórico en Silleda no prezo medio dos becerros de recría

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA alcanzou hoxe o maior prezo medio na categoría de becerros de recría da súa historia, ao chegar aos 408,81 euros (o máximo alcanzouse o 14 de maio con 375,94 euros). Tamén rexistrou o maior prezo pago por un exemplar de becerro carniceiro, ao ser adquirido por 2.363 euros por Gandos Fonsa e superar os 2.201 euros que se pagou o 2 de maio de 2023 por outro exemplar. O animal vendido hoxe era un macho mestizo nacido o 12 de xullo do ano pasado e pertencente a unha explotación de Narón.

O recinto contou hoxe cunha afluencia de 1.098 animais, dos cales 1.005 foron adxudicados. En canto aos demais prezos, houbo subidas en case todas as categorías do vacún maior e becerros carniceiros.

Prezos do gando

A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos tenreiros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 176 euros, 21 euros máis que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 202 euros, cun incremento de 6 euros, e os de máis de 50 días a 217 euros (+11 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 391 euros (-26 euros), mentres que as femias vendéronse a 274 euros (-28 euros). Os de 21 a 50 días chegaron aos 477 euros (+44 euros) e as femias mantivéronse igual nos 325 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 721 euros (+86 euros) e as femias de 455 euros (+3 euros).

16_07_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial subiron 76 euros con respecto á poxa pasada e alcanzaron un valor medio de 1.272 euros; as femias alcanzaron os 1.061 euros (+78 euros). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.318 euros de media os machos, o que supón un incremento de 20 euros, e as femias aumentaron o seu valor medio en 130 euros, ata os 1.363 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema subiron 164 euros e fixan unha media de 1.346 euros por animal.

No vacún maior houbo suba en todas as categorías fóra da de desfeito, onde baixaron 75 euros e quedaron cun prezo medio de 400 euros. Na categoría extra a suba foi de 152 euros e o prezo medio de 2.256 euros. Na segunda, incrementouse 23 euros e o prezo quedou nos 1.161 euros, mentres que na segunda o aumento foi de 15 euros e quedou nun valor medio de 786 euros. Os animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia descenderon o seu valor 262 euros, fixando un prezo medio de saída de 1.617 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a semana pasada. Así, o porco selecto págase a 1,875 euros, normal a 1,85 euros, os de canle II a 2,403 euros e os de desvieje 0,81/0,87 euros.

Nos leitóns , os exemplares chegados dunha única granxa están nos 77 euros (cun prezo de 3,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 72 euros e cun prezo por quilo de 3,6 euros; ambos presentan unha baixada de 6 euros.
29 16072024_page-0001
O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada: os da XL cotizáronse a 2,83 e os da L a 2,24, ambos se manteñen igual. Pola súa banda, os da M quedaron en 1,96 e os da S a 1,66 euros, cunha baixada de 0,02.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información