Récord de vendas da cooperativa COREN: 1127 millóns de facturación e 15 millóns de beneficios en 2023

COREN Centro de Procesado AvícolaA cooperativa ourensá COREN pechou o 2023 cunha facturación de 1127 millóns de euros -un 8% máis que en 2022- e un beneficio de 15,1 millóns de euros, case o triplo que os 5,8 logrados no ano anterior. O ebitda (resultado antes de impostos, taxas, amortizacións e depreciacións) do grupo disparouse un 33% até os 39 millóns de euros.

Así se recolle na súa memoria anual na que tamén se informa de que o resultado de explotación, o propio da actividade da compañía, duplicouse, de 10 a case 20 millóns de euros.

O 87% da cifra de negocio de COREN procede do mercado español, mentres que o 13% é de exportacións a outros países. En canto a sectores, a rama avícola representa o 35% das vendas das cooperativas ourensá, seguida dos pensos, un 22%, e o porcino, cun 21%.

Menos débeda

O balance anual da cooperativa tamén informa dunha redución da súa débeda a curto prazo con entidades financeiras, que pasou de 36 a 31 millóns de euros, mentres que a amortización da débeda a longo prazo, reduciuse en 2023 dos 108 aos 67,7 millóns de euros.

En canto a desinvestimentos, Coren desfíxose da súa participación dun 50% en Global Loan, unha inmobiliaria malagueña , que lle reportou un resultado positivo de 1,9 millóns de euros. Ademais, tamén se desfixeron da súa participación na sociedade PT Indogal Agro Trading por importe de 2,8 millóns de euros nunha operación que supuxo un beneficio de 368.000 euros.

Por último, a cooperativa aumentou o seu cadro de persoal o pasado ano en 127 persoas, até as 2.466.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información