Récord de transaccións en Silleda nunha xornada con subas nos becerros de recría e baixada no vacún maior

Os prezos na xornada de hoxe en Silleda presentan subas e baixadas, aínda que tamén rexistran récords no volume de transaccións e nos becerros de recría

Récord de transaccións en Silleda nunha xornada con subas nos becerros de recría e baixada no vacún maior

A Central Agropecuaria de Silleda celebrou hoxe outra poxa na que os prezos presentan oscilacións, con subidas e baixadas nas diferentes categorías. Aínda así, rexistrou a súa marca histórica en volume de transaccións nunha sesión, ao ascender a 1.100.758 euros. Cabe lembrar que a facturación máxima até o momento foi o 21 de maio con 1.057.423 euros.

Nesta mesma liña destaca ademais outra cifra récord: o maior prezo medio na categoría de becerros de recría, con 456 euros. Até agora o máximo eran os 435 euros do pasado 19 de novembro.

Cabe lembrar que haberá modificacións para as poxas de decembro. Así, os días 24 e 31 de decembro suspéndense todas as poxas, mentres que se celebra unha especial de becerros carniceiros o luns 30 para abastecer o mercado do Nadal. Esta poxa terá entrada única de 7.00 a 12.00 horas, para realizar a poxa ás 13.00 horas. Ademais, as primeiras poxas de 2025 contarán con topes os martes 7 e 14 de xaneiro. É dicir, haberá topes aos animais entregados por cooperativas, transportistas e operadores comerciais habituais do mercado.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 212 euros, 57 euros máis que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 247 euros, cun ascenso de 47 euros, e os de máis de 50 días a 293 euros, que incrementaron o seu valor en 73 euros. En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 445 euros (-53 euros), pola contra, as femias vendéronse a 362 euros e subiron 30 euros. Os de 21 a 50 días chegaron aos 574 euros (-9) e as femias aumentaron 43 euros e quedaron en 409 euros de prezo medio. Os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 854 euros (+42 euros) e as femias de 626 euros (+68).

10_12_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial incrementaron o seu valor en 44 euros e chegaron aos 1.356 euros con respecto á poxa pasada; pola contra, as femias presentan unha baixada de 27 euros, e chegan aos 1.135 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.507 euros de media os machos (+122 euros) e a 1.149 euros as femias (-219). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema baixaron o seu valor 11 euros e fixan unha media de 1.325 euros por animal.

No vacún maior houbo baixadas en case todas as categorías, excepto na segunda, que incrementou o seu valor 6 euros e chegou aos 786 euros de media. Na extra a baixada foi de 41 euros e quedaron nos 2.189 euros; na primeira caeron até os 1.112 euros (-36 euros) e na de desfeito chegaron aos 464 euros (-10). Os animais vendidos baixo o selo de Vaca y Buey de Galicia presentan unha caída de 324 euros e quedan cun prezo de saída de 1.799 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a semana pasada: o selecto cotízase a 1,595; o normal a 1,57; o de canle II a 2,039 e o de desvieje a 0,7/0,76.

10_12_2024_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa soben ata os 64 euros (cun prezo de 3,2 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 59 euros e cun prezo por quilo de 2,95 euros.

No mercado do ovo, os prezos mantéñense igual: os da XL en 3,13 euros; os da L en 2,59; os da M en 2,38 e os da S a 2,08.

O prezo do coello tamén segue nos 2,55 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información