Récord de solicitudes das axudas Leader en Galicia na convocatoria 2026

A convocatoria de 2026 da intervención Leader, que xestiona a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural en colaboración cos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) da nosa comunidade, contou cun total de 984 solicitudes de axuda, o que supón a maior cantidade da historia desta medida. A maiores, tamén relativas ao desenvolvemento rural, resolvéronse as axudas a proxectos de investimento en actividades non agrícolas deste 2026, que benefician un total de 41 proxectos cunha axuda pública de 2,1 M€

Unha das casas de turismo en Arqueixal, autosuficiente enerxéticamente grazas a contar con placas solares

No ámbito das iniciativas produtivas, 150 son solicitudes de investimento en establecementos turísticos e en actividades económicas do sector servizos no marco do sector da hostalería.

A convocatoria de 2026 da intervención Leader, que xestiona a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural en colaboración cos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) da  comunidade, contou cun total de 984 solicitudes de axuda, o que supón a maior cantidade da historia desta medida. O investimento mobilizado por estes case mil proxectos supera os 140,7 millóns de euros, dos cales a maior parte (110,5 M€) corresponden a proxectos produtivos (o 78,5 % do total).

Así se recolle nun informe do que tomou este luns razón o Consello do Goberno galego e que certifica a importancia da medida Leader para o desenvolvemento rural de Galicia. A convocatoria de 2026 conta cun orzamento de 28,7 millóns de euros, sendo a de maior dotación de todas as realizadas ata o de agora. É unha convocatoria a tres anos (2026, 2027 e 2028), o que ofrece maior prazo para a execución dos proxectos.

Proxectos produtivos e de interese social

As axudas do Leader son tanto para proxectos produtivos xeradores de emprego como para iniciativas non produtivas de interese social. No primeiro caso, nesta última convocatoria presentáronse 566 solicitudes, mentres que para proxectos non produtivos foron 428. Destes últimos, aproximadamente a metade corresponde a entidades públicas locais, e o resto a entidades privadas.

Por provincias, das case mil solicitudes recibidas, que se atopan actualmente en proceso de resolución, un total de 280 corresponden á Coruña; 227 a Lugo; 253 a Ourense e 224 a Pontevedra.

No ámbito das iniciativas produtivas, 150 son solicitudes de investimento en establecementos turísticos e en actividades económicas do sector servizos no marco do sector da hostalería. Todos os GDR recibiron solicitudes de axuda de proxectos do eido turístico, o que confirma o interese empresarial por este ámbito.

Ao abeiro do Plan estratéxico da PAC (PEPAC 2023-2027) publicáronse dúas convocatorias da medida Leader: a última foi esta de 2026, que se atopa en fase de resolución, e a primeira correspondeu a 2025, que tivo carácter bianual e saíu por un importe de 12,6 millóns de euros. Con estes fondos atendéronse un total de 346 solicitudes, que supón a creación de 175 empregos e a consolidación doutros 755.

Axudas para actividades non agrícolas

Neste mesmo contexto, resolveu a convocatoria de 2026 das axudas para actividades non agrícolas, tamén ligadas ao fomento do desenvolvemento rural. Un total de 41 proxectos terán dereito a estas subvencións, cun total de axuda pública de 2,1 millóns de euros, o que supón a mobilización dun investimento de arredor de 5,2 millóns de euros.

Con estes fondos, as empresas beneficiarias consolidan 474 postos de traballo e comprometen a creación de 39 novos empregos. Os beneficiarios teñen de prazo ata o 15 de outubro de 2026 para executar os investimentos subvencionados. Ao abeiro destas achegas, son subvencionables persoas físicas e pequenas empresas situadas en zonas rurais, así como titulares dunha explotación agraria que desenvolvan un proxecto de diversificación cara actividades non agrícolas na propia explotación. Quedan excluídos os proxectos inherentes á produción primaria, tanto de produtos agrícolas e gandeiros como da pesca e da acuicultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información