Este domingo celebrouse no concello lugués de Baleira a poxa de tres animais de Loura Galega, procedentes da Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo.
A poxa, organizada por Acruga, concluíu cunha nova marca de cotizacións, ao lograr un prezo medio de 4.333 euros por animal, moi por encima do de saída, fixado en 2.900 euros. A poxa de hoxe tamén superou en moito os prezos medios do ano pasado, no que se alcanzou unha cotización media de 3.133 euros. Os tres animais foron adxudicados a gandeiros locais e de Sarria.
O presidente de Acruga,César Dorado, sinalou que estes bos resultados “son froito da selección de animais que se fai entre as xovencas do centro de recría. Os gandeiros e gandeiras teñen claro que os exemplares que levamos ás poxas cumpren co estándar racial, foron seleccionados polas súas características morfolóxicas e reprodutoras e por tanto, van sen risco”.
Houbo unha boa afluencia de gandeiros, con 22 tarxetas retiradas para participar na poxa, con criadores procedentes de distintos municipios da provincia de Lugo. Tamén asistiron varias autoridades, que quixeron acompañase ao presidente de Acruga, César Dorado, e ao alcalde de Baleira, Enrique Martínez Puga. Así, entre outros estivo presente o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares.
Galego









Control OJD