Récord de gañadores na X Cata Amateur da Ruta do Viño Rías Baixas

O evento, organizado con motivo do Día Europeo do Enoturismo, reuniu a cen persoas no Castelo de Soutomaior

Publicidade

BAIXAS CATA AMATEUR APAISADA CataAmateurRutaVinoA Ruta do Viño Rías Baixas celebrou o Día Europeo do Enoturismo coa décima edición da súa Cata Amateur, que tivo lugar onte domingo no Castelo de Soutomaior. Un evento organizado en colaboración coa Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas e ANFACO-CECOPESCA e no que as 100 entradas dispoñibles esgotáronse en apenas unhas horas, demostrando unha vez máis o gran interese que esperta este icónico evento entre o público.

A X Cata Amateur foi inaugurada por Adolfo Picáns, tesoureiro da Ruta do Viño Rías Baixas, que estivo acompañado por Nava Castro, deputada provincial de Turismo da Deputación de Pontevedra, e Felicidad Fernández, responsable de Comercio, Internacionalización e Promoción de ANFACO-CECOPESCA.

O catador Nacho Costoya foi o encargado de guiar aos participantes a través das catas, onde puideron degustar cinco viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Despois tivo lugar unha segunda cata, na que o público asistente tiña que adiviñar de que viño se trataba. E o certo é que o nivel de coñecementos do público era moi elevado, pois rexistráronse un total de 11 gañadores, toda unha marca nesta Cata Amateur que nunca superara os 5 gañadores nas súas nove edicións anteriores. Cada un deles recibiu un diploma acreditativo.

Tamén se realizaron dous sorteos, onde estaban en xogo un lote de conservas achegadas por ANFACO-CECOPESCA e unha experiencia na Ruta do Viño Rías Baixas, composta por un aloxamento nun establecemento asociado á ruta e unha visita a unha adega. Ademais, todos os asistentes ao acto recibiron produtos de promoción e unha copa personalizada do evento.

Ao finalizar a entrega de premios, ANFACO-CECOPESCA realizou unha pequena presentación dos seus produtos acompañada por unhas tapas feitas con conservas. O grupo DR Slump foi o encargado de pór música oitenteira en directo, mentres os presentes gozaron dos viños Rías Baixas que degustaran previamente na cata.

O “II Salón Rías Baixas de Colección” presenta en Madrid 139 viños con crianza

CATA BAIXAS MADRID 24

Reunir 139 marcas singulares, premium e de produción limitada non é tarefa fácil. Pero así o fixo hoxe a Denominación de Orixe Rías Baixas no seu segundo Salón Rías Baixas de Viños de Colección. Unha oportunidade única en Madrid na que o numeroso público asistente puido catar, probar e comparar diferentes tipoloxías de viño con crianza desta denominación. Cheas até a bandeira tamén estiveron o catro masterclass impartidas por profesionais do viño. Nelas déronse cita un cento de persoas, 25 por sesión.

“É unha oportunidade única”, así o manifestaron moitos dos máis de medio milleiro de profesionais do sector que se deron cita nesta xornada dos viños de Rías Baixas. A rebordar estiveron o túnel do viño, con 69 marcas de 39 adegas, e o showroom, con 70 viños de 25 adegas que non pararon de atender aos numerosos winelovers que se pasaron polo hotel madrileño Hyatt Thompson. O obxectivo deste segundo Salón Rías Baixas de Colección era pór en valor a calidade e o potencial de envellecemento destes viños atlánticos. E así o fixeron con anadas lonxevas desde 2010, 2012 até chegar á 2022. Uns viños que no seu momento foron cualificados como Boas, na súa maioría Moi Boas e mesmo algunha como Excelente.

Estre salón novamente contou coa colaboración da Unión Española de Catadores (UEC) nos catro masterclass que con facilidade encheron o seu cento de prazas, repartidas en catro sesións de 25 persoas, e onde se cataron un total de 63 viños de Rías Baixas.

Co tempo de crianza do viño como fío condutor, a primeira masterclass estivo dirixida por Agustín Trapero, catadora e asesor de restaurantes e hoteis. Dedicada á “Mocidade e complexidade I” serviu para analizar e gozar de 15 tipoloxías diferentes viños. Recolleu a testemuña, con “Mocidade e complexidade II”, David Robledo, profesor do Curso de Catadores da Cámara de Comercio, quen xa ampliou a mostra a 17 marcas.

Pola tarde foi a quenda de Dani Póveda, director de Lavinia na Lavinia de Madrid, que avaliou 15 viños baixo a perspectiva da “Madurez e evolución”. O punto e final desta sesión de masterclass correu da man de Antonio Candelas, director da revista Mi Vino, quen con “Lonxevidade sen límites”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información