Récord de exportación para os viños de Valdeorras

A Denominación de Orixe Valdeorras exportou na última campaña un total de 467.471 litros de godello e de mencía, a cifra máis alta da súa historia. Reino Unido, Estados Unidos, Holanda, Alemaña e Suecia son os principais mercados exportadores

Publicidade
Récord de exportación para os viños de Valdeorras

Baixo o selo do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, exportáronse na campaña 2020-2021 un total de 467.471 litros das variedades godello e de mencía, a cifra máis alta dende que hai rexistros. Esta cifra cuadriplica a cantidade de viño exportada no exercicio anterior (2019-2020) cando se acadaron únicamente 109.202 litros de viño exportados. Por variedades, 400.407 dos litros de viño enviados ao exterior corresponden a godello e 67.064 a mencía.

O total calificado de godello na última campaña foi de máis de 2,5 millóns de litros de viño e de mencía superou os 635.000 litros, o que evidencia que a porcentaxe que se exporta de godello é de máis do 15% e de mencía de pouco máis do 10%.

Mercados preferentes

Por territorios do estranxeiro, os viños de Valdeorras véndense fundamentalmente no Reino Unido (125.958 litros de godello e 14.783 de mencía); Estados Unidos (67.672 litros de godello e 12.719 de mencía); Holanda (53.642 de godello e 22.932 de mencía); Alemaña (14.575 de godello e 2.323 de mencía) e Suecia (14.828 de godello e 1.416 de mencía).

Estas cifras, segundo valorou o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, son “moi positivas” e “evidencian que as vendas ao exterior se normalizan e, mesmo, medran tras a pandemia”. Xunto a isto, os bos datos de exportación “representan un sinal de que o traballo de promoción dos nosos viños fóra das nosas fronteiras se está a facer ben”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información