Récord de exportación de produtos lácteos da Unión Europea en 2019

A Unión Europea bateu en 2019 o seu récord histórico de exportacións de produtos lácteos: 2,319 millóns de toneladas de queixos, leite en pó e manteiga, o que supón arredor dun 10% máis ca en 2018, segundo se desprende do último informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea.

Así, e por tipo de produtos, as exportacións de manteiga medraron un 41%, acadando as 180.000 toneladas; o leite en pó desnatado supuxo unhas vendas ao exterior de 962.000 toneladas, un 18% máis; as exportacións de queixos da UE tamén bateron un récord, ao acadar as 880.000 toneladas en 2019, cun incremento do 6% respecto ao ano anterior, mentres que o leite en po enteiro foi o único que reduciu as súas vendas ao exterior: 297.000 toneladas, un 11% menos ca en 2018.expor ue lacteos 2019 1 expor ue lacteos 2019 2

Principais países compradores

En canto ao destino das exportacións, no caso da manteiga o principal destino foi Estados Unidos (38.000 toneladas, un 21% máis), seguido de Emiratos Árabes (10948 toneladas, un 154% máis) e China (10.841 toneladas, un 38% máis).

Nos queixos, o principal comprador da Uníon Europea en 2019 foi tamén Estados Unidos, que mercou 139.101 toneladas, un 4% máis; Xapón, que importou 114.133 toneladas, un 7% máis e Suíza, que acadou as 62.542 toneladas, cun 1% de incremento.

Polo que respecta ao leite desnatado en po -SMP polas súas siglas en inglés- , China foi o país que máis mercou á Unión Europea: 126.298 toneladas, un 38% máis; seguida de Alxeria, con 100.718 toneladas, un 30% menos, e Indonesia, que incrementou as súas importacións un 27% ata acadar as 71.136 toneladas.

Por último, no leite enteiro en pó -WMP- Omán ocupou o primeiro posto, con 40.531 toneladas, un 16% menos, seguido de Alxeria e Nixeria, con 21.730 e 18776 toneladas, respetivamente.

expor ue lacteos 2019 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información