Récord de 4100 euros por animal na poxa de Acruga en Seoane do Courel

Esta cantidade elevou en 1.200 euros o prezo de saída da poxa, na que un dos exemplares adxudicouse en 4.700 euros. Os animais irán a dúas explotacións de Pedrafita.

ACRUGA POXA RUBIA SEOANE COUREL 26 2A poxa de xovencas de Acruga, celebrada esta mañá en Seoane do Courel, rexistrou unha nova marca de prezo medio na temprada actual, ao alcanzar os 4100 euros. Supérase en bastante os 3.833 euros de prezo medio alcanzado en Boimorto, no pasado mes de marzo. Seoane do Courel é desde hai anos unha das prazas máis concorridas e nas que se rexistran mellores cotizacións.

De feito, a primeira xovenca da mañá vendeuse por 4.700 euros, a un gandeiro de Pedrafita, que xa nesta mesma poxa en 2025 fíxose cos tres exemplares presentados. Tamén se fixo co segundo dos exemplares, adxudicado nun prezo de 4.500. O terceiro animal levouno outra gandería de Pedrafita do Cebreiro, despois dunha poxa que rematou en 3.300 euros.

Os tres exemplares, nacidos en explotacións de Manzaneda, Cervantes e Castro de Rei, presentáronse á poxa cun prezo de saída de 2.900 euros, polo que incrementar en 1.200 a cantidade inicial dá unha idea das boas características destes animais, alén da alta demanda que hai entre os gandeiros por adquirir este tipo de exemplares.

Tal e como previran desde Acruga, os bos resultados repetíronse nesta nova edición, superando os 3.733 euros do pasado ano e partindo alén dun prezo de saída de 2.900 euros para estas tres xovencas, duns 23 meses de idade e preñadas de entre dous e tres meses.

Todas elas procedían do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, onde Acruga e Deputación de Lugo traballan conxuntamente para ofrecer animais de alta calidade aos gandeiros e gandeiras que se incorporan á Raza Rubia Galega, así como aos criadores da provincia.

De feito, na poxa desta mañá houbo 18 cartóns de posibles compradores, todos de diferentes municipios da provincia de Lugo, alén dunha gandeira procedente de Manzaneda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información