Récord absoluto no volume de transaccións en Silleda e suba nos prezos do gando

A Central Agropecuaria rexistrou un volume de 1.439.812 euros, a cifra máis alta da historia, uns datos que se alcanzaron con outras marcas históricas en diferentes categorías e con suba en todas as seccións

Récord absoluto no volume de transaccións en Silleda e suba nos prezos do gando

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA alcanzou hoxe a súa marca absoluta en volume de transaccións nunha sesión, ao rexistrar 1.439.812 euros e superar os 1.341.387 euros do pasado 17 de decembro. Así mesmo, alcanzou a terceira maior cifra de asistencia da súa historia ao recibir 1.707 animais (a maior asistencia está nos 1.895 animais, do pasado 17 de decembro, e a segunda nos 1.730, da sesión número 26 do ano 2006).

Estes resultados foron reflexo tanto doutras marcas históricas como de boas cifras en varias categorías. Así, a categoría de vacún maior alcanzou a súa marca de transaccións, con 735.916 euros e cunha boa asistencia de animais: 413. En canto a recría, concorreron 1.140 animais, a terceira mellor cifra, rexistrando tamén a segunda mellor facturación da categoría con 500.430 euros.

Por outra banda, os becerros carniceiros alcanzaron hoxe o seu maior prezo medio, con 1.394 euros; até hoxe estaba nos 1.346 euros do pasado 29 de outubro.

Prezos do gando

A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 164 euros, 14 euros máis que na da semana pasada; os de 21 a 50 días a 228 euros, cun incremento de 10 euros; finalmente, os de máis de 50 días pagáronse de media a 308 euros (+9 euros).

En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 501 euros (+33 euros), e as femias vendéronse a 349 euros e subiron 10. Os de 21 a 50 días chegaron aos 565 (+16) e as femias a 387 euros (+7). Os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 748 euros (+35 euros) e as femias de 548 euros (+67).

21_01_2025_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial aumentaron o seu valor medio 182 euros e chegaron aos 1.458 euros con respecto á poxa pasada, mentres que nas femias o incremento foi de 75 euros e chegan aos 1.242 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.550 euros de media os machos (+177 euros) e a 1.227 euros as femias, mantendo o seu valor medio. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron o seu valor 166 euros e fixan unha media de 1.545 euros por animal.

No vacún maior os prezos medios quedaron da seguinte maneira: categoría extra en 2.165 euros (+50); categoría primeira en 1.188 euros (+31) e categoría segunda en 839 (+8). Os prezos dos animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia presentan un ascenso de 166 euros e quedan cun prezo de saída de 1.826 euros.

Mesas de prezos

As mesas de cotizacións do porcino baixan en case todas as categorías e páganse da seguinte maneira: o selecto a 1,555 euros/kg (-0,02); o normal a 1,530 (-0,02); a canle II a 1,987 (-0,026) e o de desvelle a 0,62/0,68 (-0,03).
21_01_2025_page-0002
Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa mantéñense nos 73 euros (cun prezo de 3,65 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 78 euros e cun prezo por quilo de 3,9 euros.

No mercado do ovo, os prezos mantéñense igual: os da XL en 3,13 euros; os da L en 2,59; os da M en 2,38 e os da S a 2,08.

O prezo do coello segue nos 2,40 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información