Recomendan extremar a vixilancia fronte ao mildio no viñedo

Publicidade
Recomendan extremar a vixilancia fronte ao mildio no viñedo

Sintoma oidio en face de variedade non sensible. Foto: Estación do Areeiro

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, emitiu este venres o seu boletín fitosanitario semanal no que actualiza a información sobre o estado sanitario dos viñedos na provincia.

Estas son as súas recomendacións para os vindeiros días:

Mildio:

As precipitacións da pasada 몭n de semana coincidindo con temperaturas nocturnas altas (mínimas de 14 a 17 ºC de media) volveron ser condicións moi favorables ás infeccións de mildio, ao manter un elevado nivel de humidade na contorna das viñas.

Para a próxima semana prevese un tempo de similares características, con choivas que poden producirse practicamente calquera día e rexistros de temperatura mínimos entre 13 e 17 segundo a axencia meteorolóxica. Deste xeito, aínda que para a 몭n de semana os prognósticos anuncian unha climatoloxía seca e con temperaturas mesmo por riba dos 30ºC nalgúns casos, persistirán as condicións favorables ás contaminacións secundarias.

Ante esta situación, recomendan a revisión detallada das viñas para comprobar o seu estado. Se as plantas aínda se atopan nos comezos da protección do tratamento anterior, as revisións poderán ser máis distantes no tempo pero se xa transcorreu a metade da protección deberán ser máis frecuentes co obxectivo de actuar inmediatamente se aparecen novos síntomas.

No caso de ter que actuar, as previsións meteorolóxicas non anuncian, a día de hoxe, unhas precipitacións de elevada contía, polo que probablemente haberá períodos sen choiva (claros) nos que poder intervir.

Por último, dende a Estación Fitopatolóxica do Areeiro lembran a importancia de que o funxicida aplicado chegue ben ao envés das follas: se só se trata a parte superior o produto non será igual de eficaz.

Oídio:

En albariño aínda os técnicos de Areeiro aínda non observaron a presenza de oídio en ningunha viña, e iso que as da súa rede seguen sen tratamento algún. Recomendan manter a vixilancia pero de momento non é necesario tratar.

Black rot:

Nas viñas da rede da Estación de Areeiro e nas demais que revisaou o equipo técnico esta semana apenas atoparon algunha que outra mancha moi illada e puntual nalgunhas plantas de parte dos predios.

Con todo, agora que a floración é plena e que xa hai froito callado empeza o período de maior sensibilidade da uva á enfermidade e, co tempo húmido e cálido que se prevé, haberá que incrementar a vixilancia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información