Recomendan comezar co primeiro tratamento insecticida contra o verme da mazá

Publicidade
Recomendan comezar co primeiro tratamento insecticida contra o verme da mazá

Cydia Pomonella, insecto causante do verme da mazá

A Conselleria do Medio Rural ven de informar no seu último boletín agrometeorolóxico que xa se dan as condicións para comezar os primeiros tratamentos contra o verme da mazá (Cydia pomonella), que ataca fundamentalmente aos froitos da maceira, pereira e marmeleiro.

Estase a ver un adianto xeralizado no voo deste lepidóptero nos últimos anos, con capturas xa a fináis do mes de abril na maioría das zonas de Galicia.

Dende a Asociación de Fruticultores de Galicia (Afrugal) lembran a importancia de atender á primeira xeneración deste insecto, por ser a máis perigosa das dúas que ten. “Debemos de empregar contra ela produtos de carácter ovicida ou ovicida-larvicida. A confusión sexual está a dar bo resultado, como método preventivo”, explican.

Como insecticida contra o verme da mazá recomendan o Clorantraniliprol e en agricultura ecolóxica pódese empregar o Virus da granulopse da Carpocapsa, Spinosad ou Bacillus thuringiensis.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información