A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Recomendacións técnicas para elixir o ciclo e a variedade de millo máis adecuada

Recomendacións técnicas para elixir o ciclo e a variedade de millo máis adecuada

Aspecto de DKC5741 no momento da colleita. Mazarocas homoxéneas, gran produción, excelente Stay Green, Sanidade e Dixestibilidade.

Á hora de elixir a semente de millo, a primeira decisión que debemos tomar é decidir o ciclo que imos utilizar. O ciclo de millo é un índice establecido pola F.A.O. (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) no ano 1952, que naquel entón acordou clasificar os ciclos de millo en 10 grupos de precocidade diferentes desde ciclo FAO 100 ata ciclo FAO 1.000. Esta clasificación da FAO, baseábase nos días entre a sementeira e a maduración fisiolóxica do millo na zona do Corn Belt ou cinto do millo nos Estados Unidos.

Actualmente dispoñemos de variedades comerciais comprendidos entre Ciclo FAO 200 e Ciclo FAO 700. Canto máis longo é o ciclo, máis tarda en madurar a planta de millo.

CICLO FAO

DÍAS

200

86-95

300

96-105

400

106-115

500

116-120

600

121-130

700

131-140

800

141-150

900

151-160

1000

+161

O ciclo do millo depende da integral térmica, é dicir, da suma de temperaturas que o millo acumula cada día desde o día no que se sementou, ata o día da colleita (en caso de silo) ou ata o día da maduración fisiolóxica (en caso de gran). Cada variedade de millo ten a súa propia integral térmica, tanto a floración como a madurez fisiolóxica, e esta Integral é a mesma todos os anos. O que nos varía é o número de días necesarios para alcanzar dita integral, ou o que é o mesmo, para alcanzar a madurez. Así nun ano máis cálido do normal o número de días necesario para a maduración vai ser menor, mentres que nun ano de temperaturas máis frescas do normal, o número de días necesarios para alcanzar a devandita madurez vai ser maior.

Altitude e data de sementeira: as variables que máis afectan

As variables que máis nos afectan para recomendar sementar un determinado ciclo son, principalmente, a atitude con respecto ao nivel do mar, e a data de sementeira.

En sementeiras temperás das zonas con pouca altitude con respecto ao nivel do mar, é onde recomendamos sementar os ciclos máis longos (FAO 600 e FAO 700), e iremos reducindo ciclo a medida que imos atrasando data de sementeira ou aumentemos a altitude, ata a recomendación de usar ciclos 200 cando se bote en xuño e altitudes superiores aos 500 metros.

Recomendamos sementar o ciclo máis longo posible en cada zona

Para maximizar a produción, debemos sementar o ciclo FAO máis longo posible en cada zona, sen comprometer a correcta maduración da variedade, e tendo en conta que cada ano climático é distinto. Por tanto, debemos axustar o ciclo presupoñendo que o ano climático será normal. Queda a man de cada agricultor ou gandeiro o arriscar un pouco máis sementando un ciclo máis longo (vantaxoso nun ano máis cálido) ou un ciclo máis curto (vantaxoso nun ano máis fresco).

Unha vez elixido o ciclo para sementar, segundo a zona onde nos atopemos e segundo a data de sementeira, pasamos a seleccionar a variedade máis adecuada. Para facer esta selección de forma correcta debemos elixir a variedade en función do uso final da mesma. Se o noso uso vai ser silo para alimentar vacas de leite de alta produción, as recomendacións para a elección da variedade van na seguinte orde:

1ª.- Sanidade Vexetal: O principal do noso silo de millo é que sexa “san”, para iso é fundamental que a variedade presente unha boa sanidade foliar, sobre todo fronte a Roya e Helminthosporium (que son os fungos máis abundantes na Cornixa Cantábrica).

A única forma que temos de actuar fronte a estas enfermidades foliares é a xenética. Para poder recomendar as mellores variedades coa mellor sanidade, en Dekalb sementamos cada ano dous Ministrips en Galicia e Asturias, onde testamos 60 variedades con 3 repeticións en cada campo para seleccionar soamente aqueles híbridos que presentan unha excelente resistencia ás enfermidades foliares, para garantir que o futuro ensilado de millo sexa completamente san para os nosos animais.

2º.- Stay-Green: A variedade debe manterse verde ata o momento de colleita. Só cunha planta verde poderemos conseguir un ensilado ben conservado e ben compactado.

3ª Dixestibilidade: Falando de vacas leiteiras de alta produción, a dixestibilidade do ensilado é o seguinte punto en importancia, superando a parámetros como produción ou almidón. A dixestibilidade indícanos canto do que producimos é aproveitado pola vaca. A parte dixestible é a parte que a vaca vai transformar en leite, e a parte non dixestible, vai ocupar espazo no bandullo da vaca, sen achegar nutrientes. Canto máis dixestible sexa unha variedade máis eficientes seremos na produción de leite e maior beneficio achegaranos esa variedade.

Na nosa rede de ensaios de silo, buscamos variedades con excelente dixestibilidade de fibras (D-FND). A D-FND ten unha enorme importancia cando falamos de variedades para ensilado destinado a vacas leiteiras de alta produción, xa que a medida que aumenta a produción de leite, aumentan as necesidades enerxéticas do animal, pero non aumenta a capacidade de inxestión da vaca, co cal un limitante na produción é a dixestibilidade.

Exemplo práctico de dúas variedades coa mesma materia seca e igual % de FND:

Variedade Dekalb: 30 kg silo millo * 33 %ms = 9.9 kg de m.s. millo * 45% FND = 4.45 kg de fibra * 60 % D-FND = 2.67 kg de fibras dixestibles.

Variedade Competencia: 30 kg silo millo * 33% m.s. = 9.9 kg m.s. millo * 45 % FND = 4.45 kg fibra * 50 % D-FND = 2.22 kg de fibras dixestibles.

Con este exemplo podemos ver como 2 variedades aparentemente iguais (tanto en m.s. como en cantidade de fibra), o aproveitamento por parte da vaca vai ser moi diferente, xa que coa variedade Dekalb o animal vai dispoñer de case 0.5 kg máis de materia seca para transformar en leite.

Actualmente existen métodos de laboratorio moi fiables para medir a dixestibilidade dunha variedade.

4ª Produción: Poñemos a produción en 4º lugar, porque de nada me serve producir moitos kg dun alimento, se despois as miñas vacas non poden transformalo en leite. A produción debe medirse sempre en kg de materia seca por hectárea.

*Exemplo:

Variedade A: 50 tonelas/ha cun 30 % de humidade son 15 toneladas/ha de materia seca.
Variedade B: 45 toneladas/ha cun 35% de humidade son 15,75 toneladas/ha de materia seca.
Vemos como en realidade, coa variedade B producimos 750 kg/ha máis que coa variedade A, que nos producía 5 Tn/ha máis o día da colleita.

5º Almidón: O almidón é un tipo de azucre presente no gran de millo e representa máis da metade da enerxía total do silo. As variedades de Dekalb presentan altos niveis de almidóns, que nos proporcionarán silos con gran cantidade de enerxía.

Cultiva Campo de ensaio Dekalb con excelente Stay-Green e Sanidade Vexetal. (Rede de Ensaios Dekalb Cornixa Cantábrica).

Campo de ensaio Dekalb con excelente Stay-Green e Sanidade Vexetal. (Rede de Ensaios Dekalb Cornixa Cantábrica).

A medida que o gran de millo madura, vai aumentando o contido en almidón e tamén aumenta a dureza do mesmo. Para poder aproveitar a enerxía presente no almidón é necesario triturar e esmagar os grans, pois pola contra perderase parte deste almidón nas bostas dos animais.

As variedades comerciais que presenta Dekalb en silo, foron minuciosamente seleccionadas na rede de ensaios da Cornixa Cantábrica, seleccionando aquelas variedades con excelente sanidade e stay green, altísima produción de kg de materia seca por ha, e con excelente Dixestibilidade de fibras e calidade de gran, todo isto dá como resultado as variedades comerciais cos índices máis altos en litros de leite por ha, que lle axudará a maximizar o beneficio económico da súa explotación leiteira.

*Autor: Pablo Amado. Asesor Agronómico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *