Recomendacións para as sementeiras tardías de millo

on a very sunny day in june in south germany you see little young maize plants in fresh green light color and very bright blue sky and brown earth on ground

Nesta campaña a sementeira do millo vai cunha media de 20 días de retraso debido ás choivas e baixas temperaturas do mes de maio, unha situación atípica que afecta tanto aos ciclos do millo -cun elevada demanda dos ciclos curtos- como ás labores agronómicas (profundidade da sementeira, pase ou non de rodillo, insecticidas..etc).

Consultamos a tres especialistas neste cultivo para que nos comenten as súas impresións sobre esta campaña e as súas recomendacións á hora da sementeira.

Pablo Amado, delegado comercial de Limagrain Ibérica: “Hai que sementar a 6 centímetros como mínimo e tratar contra a rosquilla”

A campaña 2024 de millo está sendo unha campaña lenta debido ás condicións meteorolóxicas. Empezaron as primeiras sementeiras a mediados de abril con boas condicións e boas temperaturas, e o resultado desas sementeiras temperás está sendo satisfactorio. Sen embargo, as seguintes sementeiras (finais de Abril, principios de Maio) están sendo máis complicadas, mesmo con necesidade de resementeiras nalgunhas parcelas.

Tras estas sementeiras, as condicións meteorolóxicas deron un cambio significativo, con fortes baixadas de temperaturas e intensas chuvias. Este alto contido en humidade e baixa temperatura do chan, trouxo xerminacións moi lentas para o millo, chagando nalgúns casos a tardar 20 días en emerxer nas fincas ou zonas con maior contido en humidade e por tanto menor temperatura do chan. Unido a isto, vimos a presencia da comúnmente chamada “Mosca dos Sembrados” (Delia Platura), que normalmente aparece cando se dan situacións como a deste ano (baixada da temperatura do solo e alto contido en humidade). Este ataque de mosca fixo necesaria a resementeira dalgunha das fincas sementadas antes das chuvias. Existen no mercado sementes tratadas con insecticidas para minimizar os ataques tanto da mosca dos sembrados como do verme do arame.

Noutras fincas tamén se observan malas xerminacións sen presencia de mosca, debido ao alto contido en humidade do solo e ás baixas temperaturas do chan.

Nesta campaña 2024 entramos no mes de Xuño en plena campaña de sementeira, caracterizándose por un forte incremento na demanda de sementes de ciclo máis curto. Se ben é certo que este ano, a pesar de estar xa a principios de xuño, o contido de humidade do solo é adecuado para garantirnos unha xerminación homoxénea. Pero a medida que avanza o mes de xuño, este contido de humidade irá diminuindo, podendo chegar en poucos días a ser insuficiente para garantir unha nascencia correcta. Polo que a medida que avanza o mes e disminúe o contido de humidade do solo, debemos aumentar a profundidade de sementeira, situando a semente como norma xeral para estas datas a uns 6 cm de profundidade, pero se chegamos a situacións de falta de humidade na capa superficial do solo, estes 6 cm poden non ser suficientes. A medida que o solo estea mais seco, a parte de aumentar a profundidade de sementeira, tamén é necesario aumentar a presión das rodas cerrasurcos das sementadoras, favorecendo así o contacto do solo coa semente.

 “É moi recomendable na sementeira destes días aplicar abono starter e un insecticida”

Nestas sementeiras máis tardías debemos facer especial atención a insectos como a Rosquilla Gris, xa que temos solos con humidade, e co aumento das temperaturas destes días, as condicións son as propias para que se dean ataques de rosquillla. Ao estarse sementando aínda o millo, a emerxencia do millo e a aparición da rosquilla poden ser simultáneas, polo que tanto a vixilancia do millo como a actuación para combater a rosquilla debe ser moi rápida. Nestas condicións é recomendable que no momento en que vemos que o ataque de rosquilla ten unha certa importancia, actuar canto antes para minimizar as perdas. Existe a opción de aplicar insecticidas na liña de sementeira que nos vai reducir a incidencia da rosquilla no cultivo. Ademáis, na actualidade existen productos para aplicar na liña de sementeira que están compostos por un insecticida e un starter. estes productos caracterízanse por posuír unha sinerxia entre o abono starter, que favorece o desenrolo radicular e  o insecticida actúa como protección frente aos insectos. Polo tanto, estes productos son moi recomendables cando se prevean situacións complicadas como as desta campaña.

Outro factor a ter moi en conta é tamén os ataques da fauna salvaxe (xabaril e corvos). Este ano xa se deron os primeiros ataques de xabaril, o que fixo necesario a resementeira dalgunhas fincas. Para o xabaril non existe no mercado unha solución que nos impida que se produzcan ataques no cultivo do millo. No caso das aves, sobre todo dos corvos, a solución pasa por empregar sementes tratadas con productos repelentes como é o Korit, e tamén por incrementar a profundidade de sementeira. Obesevamos maior incidencia de ataque de corvos en fincas con sementeiras superficiais a entre 3 e 5 cm de profundidade que en fincas sementadas a máis profundidade (6 cm).

Outro factor a ter en conta é o control das malas herbas, para o que teremos que adaptar a nosa estratexia de control coas condicións meteorolóxicas existentes no momento de realizar ese control. Así en sementeiras nas que o contido de humidade sexa adecuado, ou haxa precipitacións posteriores poderemos facer tratamentos preemerxencia con boas eficacias, pero se as condicións son de solos secos, a mellor estratexia pasa por tratamentos en post- emerxencia, actuado sobre as malas herbas emerxidas. En caso de optar por tratamentos post emerxencia, debemos vixiar tamén a presenza de rosquilla, xa que cando esta é a estratexia elixida, frecuentemente temos o cultivo desprotexido frente a ataques de insectos do chan, como a rosquilla gris, sobre todo no caso de que non aplicáramos insecticida microgranulado na liña de sementeira.

Juan Valladares Alonso, Investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM): “As sementeiras tardías do millo obrigan a coidar máis os detalles”

A selección da variedade é clave, de aí que o primeiro é encaixar o ciclo no período de cultivo polo que coñecendo a data de colleita habitual na zona e sabendo cando sementamos temos o tempo en días de sementeira a colleita (S-C) e podemos coñecer a integral térmica con base 6 dese período. É dicir, a suma de temperaturas que o millo acumula cada día desde o día da sementeira ata o dia da floración feminina ou colleita (en caso de silo)

O millo habitualmente identifícase polo ciclo FAO, pero este non encaixa perfectamente para Galicia dado que se estableceu no ano 1952 para a zona do cinturón de millo de Estados Unidos.

Para acertar co ciclo a usar podemos botar man do díptico que publica tódolos anos o CIAM onde se indica o ciclo de cada variedade de millo ensaiada en dias de sementeira a colleita (dias S-C) que se modifica segundo a localidade. http://www.ciam.gal/sp/descargas/pdf/millo_forraxeiro.pdf

Se non aparece a variedade que podemos ter no díptico, podemos ir aos catálogos das casas comerciais xa que actualmente en moitas delas as variedades identifícanas pola integral térmica a floración feminina ou a colleita para silo. Este dato permítenos coñecer a variedade que mellor encaixa, no caso de que soamente nos indique integral a floración feminina podemos estimar que en 8 semanas máis o millo estará no momento axeitado de colleita xa que terá a liña de leite entre ½ e 2/3.

Dado que vai ser un ciclo curto (polo tanto plantas máis pequenas) podemos ir a unha dose de sementes algo máis alta (100.000 a 110.000 sem/ha)

O rendemento en materia seca tamén vai ser inferior, tendo en conta a necesidade de sementar maior superficie para obter a mesma cantidade que en anos de sementeira máis precoz. A exixencia en abonado nitroxenado tamén será menor ( función do rendemento esperado en materia seca).

Por outro lado, fmentar a emerxencia e o rápido desenrolo son aspectos importantes en xeral no cultivo do millo, no caso que nos ocupa tamén o é, de aí que:

-Debemos considerar usar fertilizantes (ademais de xurro que funciona como fertilizante e bioestimulante) que fomentan o rápido establecemento (tipo Starter) e incluso podemos empregar bioestimulantes naturais que favorezan o desenrolo radicular.

-Debemos considerar facer unha sementeira regular cos graos colocados todos á mesma profundidade. Iso conséguese coa adecuada preparación do terreo e velocidades non superiores a 6-8 km/h (salvo as sementadoras rápidas que acadan ata 16 km/h) recordando que a primeira competidora dunha planta de millo e a súa veciña, de aí que busquemos unha xerminación homoxénea.

-Para unha rápida emerxencia a profundidade de sementeira tamén inflúe, suxerindo unha profundidade non superior a 4-5 cm, salvo se o terreo está moi seco (dadas as chuvias acaecidas non sería o habitual) ou se se espera ataques de corvos.

Debemos ter presente que o ataque de insectos de solo (verme de arame, verme gris, mytimna…) pode incrementarse polo que debemos facer un seguimento continuado do establecemento do millo e tratar se o ataque o precisa.

Verme gris

Verme gris

Na época das sementeiras tardías e con humidade no solo as adventicias (malas herbas) tenden a un crecemento vexetativo elevado dada a maior temperatura do solo e aire, polo que o seu control debe ser máis exhaustivo, obrigando con toda seguridade a tratamentos post-emerxencia sendo un aspecto importante identificar as diversas malas herbas en estado de plántula incipiente para acertar coa materia activa a empregar.

Como conclusión pódese indicar que a sementeira tardía de millo obriga a prestar máis atención se cabe, aos detalles de preparación da terra, sementeira, fertilización, elección da variedade e control de adventicias e pragas modificando algúns aspectos técnicos como a elección varietal, a densidade e profundidade de sementeira e o nivel e calidade da fertilización.

Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León: “Debemos intentar aplicar un herbicida de preemerxencia para xuncia e amaranthus”

En xeral estamos vendo un retraso dun mes nas sementeiras de millo respecto do ano pasado. Isto conleva algúns puntos a ter en conta para poder levar acabo a sementeira coas maiores garantías de éxito.

Xenética:

En función da integral térmica da zona, da data de cando queiramos colleitar ou do tipo de solo do que dispoñemos, elixiremos o híbrido que máis se nos axuste. Non obviando o obxectivo que temos, por un lado cuantitativo (Producción de MS por ha) pero tamén cualitativo (amidón, Digestivilidad …)

Agronomía:

Aumento da profundidade de sementeira respecto as máis temperás (5 a 6 cm). Isto fará que poidamos encontrar míais humidade e así favorecer a hidratación e xerminación da semente. 

Adaptar a densidade en función do híbrido elixido e tamén do potencial produtivo da finca, sendo idónea a sementeira variable.

A redución do marco de sementeira é outro factor no que se está a traballar. Este punto e importante para a nosa zona, tanto para condicións de sementeira normais, pero aínda máis favorable nas sementeiras tardías, como é o caso. Con isto conseguimos tapar antes a mesa entre surcos, favorecendo o sombreo (sobre as malas herbas) e tamén, algo non menos importante, como é, a de manter, ou evitar a evapotranspiración (perda de humidade) dos nosos solos.

Pragas:

Así como nas primeiras sementeiras (como consecuencia das precipitacións e a baixada das temperaturas) favoreceron o incremento da praga da mosca do sembrado, no caso das sementeiras máis tardías, a posibilidade de ter ataque de verme gris (Agrotis segetum) son moi altas. Para previr isto, ou minimizar ao máximo as posibles perdas, estas serian algúns consellos:

-Aplicación dun insecticida de solo na liña de sementeira pode ser unha boa forma de previr, tanto ataque de verme de alambre (Agriotes) como de minimizar o impacto do verme gris. (Agrotis)

-De non se posible o anterior, a aplicación o antes posible dun insecticida liquido pode axudarnos a controlar esas primeiras xeracións de insectos.

Control das malas herbas:

O manexo ou control das malas herbas sempre é un punto importante, pero non só por evitar competencia do cultivo coas malas herbas, senón tamén, por evitar que determinadas pragas poidan ocultarse aí como hóspedes. (exemplo perfecto foi o ataque o ano pasado dunha defoliadora do millo).

A falta de humidade fai que a aplicacion en pre emerxencia do cultivo sexa máis dificil, pero en determinadas malas herbas segue sendo necesario. Por exemplo, xuncia e amaranthus. Neste ultimo, a aplicación dun pre emerxente, fai que podamos concentrar todas a xerminacións nun determinado momento, e logo, poder facer unha aplicación en post emerxencia moito máis dirixida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información