Recomendacións para o cultivo da horta en marzo

Publicidade
Recomendacións para o cultivo da horta en marzo

Podemos empezar a plantar leituga e repolo

“Marzo marzán, pola mañán cara de rosas, pola noite cara de can”. O comezo de mes fixo honor ao refraneiro popular, que xa nos advirte de que estamos ante un mes con fortes contrastes, con días de primavera, choivas e temperaturas nocturnas frías.

Algúns consellos para traballar na nosa horta:

-Para poñernos a traballar na terra debemos agardar uns días a que seque, é dicir a que estea en tempero, coa humidade óptima para que ao removela non se formen terróns, que serían prexudiciais para o desenvolvemento das raíces das plantas. Trátase de manter a terra coa maior esponxosidade posible.

-Podemos seguir plantando ervillas, amorosdos ou fabas lobas e empezar a plantar cebola.

-Na lúa chea tamén podemos realizar a sementeira das patacas de cedo.

– Tamén se pode plantar ao aire libre a partir de mediados de mes, cando haxa menos risco de xeadas, cenouras, espinafre ou acelga.

-Este mes tamén podemos transplantar ao aire libre couveflor, repolo e brócoli de primavera. Igualmente, podemos plantar leitugas, preferentemente en caballóns, para que non lles afecte a humidade, e porros.

– Ademais, podemos facer alcouves tanto ao aire libre como protexidos. Así, en sementeiro descuberto podemos plantar acelgas, leitugas, remolacha vermella ou porros.

E en morteiro protexido -invernadoiro ou similar- podemos plantar cucurbitáceas (melón, cabaciña, sandía, cogombro, cabaza..). En pequenos tiestos depositamos tres ou catro pebidas e deste xeito podemos transplantar o cepellón chegado o momento, cara finais de abril ou comezos de maio.

– A partir de finais de marzo tamén é unha boa época para incorporar á terra os abonos verdes que plantamos en outono, como nabos, centeo, avea ou cebada. É recomendable segalos e deixalos unha semana para que empecen a descompoñerse, antes de enterralos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información