Recomendacións para o coidado das maceiras durante estas semanas

Publicidade
Recomendacións para o coidado das maceiras durante estas semanas

Síntomas de moteado da mazá.

A Consellería do Medio Rural ven de informar no seu último boletín agrometerolóxico das recomendacións para o coidado das maceiras, tanto de sidra como de mesa, durante estas semanas.

Así, en canto ao verme da mazá, a segunda xeración deste insecto comenzou o día 18 de xullo (600 grados/día), segundo os datos da Estación Meteorolóxica de Mabegondo (A Coruña). A día de hoxe, estamos nunha situación de perigo respecto ás larvas deste lepidóptero.

Neste sentido, o feito de ter acadado a 2ª xeración e superado o limiar de tolerancia nas capturas de machos do verme da mazá (Cidya pomonella), en todas as estacións de control (agás en Ortigueira e Chantada), fai necesario, a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida esta semana, para esta praga que está na 2ª xeración.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requirindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

En canto ás enfermidades fúnxicas, as condicións meteorolóxicas cambiantes, con presenza de humidade relativa alta, xunto con brétemas, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado, oidio e monilia), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto que pode ir
unido ó insecticida antes recomendado.

Enfermidades fúnxicas

Dende Medio Rural lembran que teremos en conta que os funxicidas de contacto perden o seu efecto a partir dunha choiva acumulada de 15 l/m2, fronte ós funxicidas sistémicos que son independentes da choiva caída.

Ademais, é preciso recalcar que debemos ter en conta a duración da efectividade do produto usado. Así, os insecticidas de síntese, usados en agricultura convencional, algúns deles permitidos en agricultura integrada, teñen unha efectividade media de entre 15/21 días, dependendo do produto fitosanitario. Por outra banda, algúns dos utilizados en agricultura ecolóxica e agricultura integrada, como o Virus da Granulopse por exemplo, teñen una duración de efectividade de 7/10 días. En calquera dos casos, recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

Recolección

Polo demais, estanse a recoller as variedades Ambassy, Lafayette e Initial.
Respecto ó ano 2016, observamos un adianto na data de maduración duns 15 días.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información